lunes, 15 de junio de 2009

Na procura de arandos




¡¡O sábado de rally !! e o domingo, de rastrexo!!



Facía mais de 50 anos, que non facía tal cousa, ir a fraga buscar mirillóns, ¿e que son ?así lles chamamos no meu entorno ,a os "arándanos del bosque"quizais en cada lugar estexan batizados con distinto nome, pero eu crieime chamándolles así, e como di a canción así "siguiré".



O caso foi que de coña, quixen ir ver cando de rapariga ia a esa fraga con mais rapaces na procura deles, e foi tan grata a sorpresa que alí estaban, coma se o tempo se detuvera, coma sempre acompañábame Ana, que alucinaba nunca vira tal cousa, e a min nunca se me ocurrira levala, pasamos tres horas , coma as cabras espenicando froitiños, que iamos comendo, e gardando, para facer mermelada, o resultado foron 780 gr.,que hoxe convertín nunha deliciosa mermelada, ecolóxica casi cen por cen, pois algún azucre era de cana cubana sin refinar.