sábado, 30 de abril de 2011

Si a los tres años no he vuelto

O título púxeno en castelán, como en realidade está escrita a novela.
Non hai mal que por ben non beña. Estes dias como estou media coxa, pouco ou nada puiden facer, entón recomendáronme ler un libro, o certo é que habia moitos anos que non lia un libro enteiro aburriame antes de acabar, porque estaba pensando facer outras cousas, e non pillaba o fio.
Gustoume moito lelo, anque teño que recoñecer que os rollos sin interes pra min pasei deles
Trata gran parte da guerra civil Española, "anque ten cousas pra facer diálogo". lembroume moito o que escoitaba de nena e o que en realidade era moi certo, que despois de semellante revolta, quedaron mandando no país uns verdugos en toda regla, e tamén abusadores, xa pasada con creces a guerra seguia habendo matanzas diárias de xente inocente, como mulleres e nenos, e torturas das mais horrendas que un se poida imaxinar, querian exterminar todo aquél que non fora de renombre ou non pensara en coma eles,( E despois criticaron os nacis) cando aquí fixeron igualiño que eles non, usaron gás, pero non deixaron de ser torturas de todo tipo, que a xente sabia e calaba por un medo de pánico, iso era moi certo, despois de ler rebobinei a miña infancia e atopei no recordo moitas cousas que naquel entonces viamos normal , os de apelido sonado ou os pais tiñan cartos, hasta eran enchufados na escola, a eses os mestres non lles rifaban, nin castigaban, e faciánnos ver os demais que eran mais listos, pero anque éramos moi pequerechos iso a min non se me pasou por alto, dábame perfecta conta de quén merecia o mérito e mais nón. Outra cousa mais era que os pobres na forza do traballo do campo iban traballar gratis para esa xente de mais poder, creo que o facian por medo a que argallaran calquera historia falsa en contra deles,. para que se personara a guardia civil, e lles dera unha malleira, porque iso pasou aquí, xa sendo eu unha mociña , citaron o cuartel uns poucos homes alguns sin saber porqué petáronlles unhas labazadas e mais tiveron que pagar unha multa e sin rechistar, si non seria peor, todo enleado por alguén de apelido sonado e con cartos sempre se lle facia caso anque resultara ser unha gran mentira.
Ainda hoxe en dia esa xente deixa caer na primeira ocasión que atopan, que eles son DE FULANITO DE TAL( cando se quedaron moi atrasados nos seus pensamentos) teran cartos, uo o apelido pero e o único do que poden presumir, agora todos saben ler e escribir, e máis moito máis, xa naide lles ten que ter medo, nin rendir honra. Pero ollo eles ainda son os que nos gobernan dalgún xeito, disfrazados con distintas siglas, descendentes deses ILUSTRES están ahí chupando da canoa, non son tan" nacis" coma os seus antepasados, pero coláronse pola regaña coma se nada.
Isto da para escribir outra novela, pero imos deixalo así , esperemos que nunca mais siga habendo xente desa calaña, moita dela abrigada das saias dos curas e das monxas, e cometendo cousas atroces, e todo isto non pasou fai milleiros de anos, ainda están as feridas abertas polos recordos, vivimos moita xente, e moitos mais que saben mais que eu, que o temos na nosa axenda do cerebro.
Un saudo para todos, e feliz dia a todalas NAIS