jueves, 29 de enero de 2009

Na Arca de Noé quedou vida

Un dia para a hitoria 24 de xaneiro do 2009
Pouco hay que decir que non se saiba xa Foi unha noite endemoniada chea de furia
Soprou con tal xenio que queria lebalo todo, pero ,todo todo, seria moito? ¿non?
O amencer cando xa voltou a calma, o primeiro que escoitei foi un "corvo" ¡seguia vida na terra!. Entón con moito recelo ollei pola fiastra ,para comprobar que non so o corvo quedaba vivo,tamen desexaba moito que o mal fora o menor posible, e po-la miña parte quedei satisfeita ,puido ser moito peor
As avarias amañanse perdense alguns cartos pero logo pasa ,e case todo quedou nun gran susto
Sinto moito as vidas que se foron por culpa de semellante vento saido do mesmo inferno.Pero hai que recoñecer que tal desastre puido levar por diante moitas vidas mais da maneira que quedou todo rodas arriba .Eu xa lembro outros dous temporais parecidos ,pero este pareceume especialmente tolo
Ninguén o batizou non deo tempo a buscarlle o nome ,¡ pois non me pareceu un aborto!¡ estaba ben logradiño,! fallaron os padriños non chegaron a tempo do parto -¡e iso que pa estas cousas a imaxinación sobra ! pero tamen comprendo que non estamos no Caribe que ahí xa saben o nome o dia que se enxendra e aquí todo mundo acojonado esquenceu se seria home ou muller e non se decantaron por ningun
Agora sorte a todos e ADIOS que nunca mais poida voltar!!!!!!!!!!!!

domingo, 18 de enero de 2009

As costas con xaneiro

Hai un dito que di (La cuesta de enero),pero cabe pensar que xaneiro levámolo nós as costas , a mín non me afeta o de gastar mais cartos, pois dende que os meus fillos,entenderon todo o tinglado, non me preocupei de que eses dias teñan algo especial ¡,porque costa mais,! sempre espero calquera día para sorprender, e como non contan cando vai ser failles mais ilusión,e tal vez mais falla.
O que me amola de xaneiro ,e a dichosa gripe,¡esa condanada! sí que se pón derriba dun ¡e como lle digo que se vaia? e para mais ,o mal tempo que nos toca ,isto sí que e o un oso duro de roer.a tristura dos dias ,pequenos ,frios, e escuros ,anagan a casa de soedade,ata a natureza está durmida, está agardando que pasen os dias, para sair desa penunbra, que garda o seo segredo dende toda a vida

miércoles, 14 de enero de 2009

Só hai 50 anos




Na beiriña dun regato
sentada na carballeira
escoitaba o paso da auga
sempre da mesma maneira.

O soar da campaiña
que lebaba o castrón
facía notas coa auga
e saía unha canción.

Metidos entre a follase
os raios do sol radiante
as rochas cheas de musgo
e as ras saltando diante.

Os paxaríños piaban
voando nas avelás
e as vacas comían herba
un anaco mais para trás.

Os abellóns roncadores
chupando todas as flores
e as pinguiñas da auga
brilaban de cen mil cores.

Alí pretiño de nós
as ramas dos mirillóns
estaban cheas de froitos
para moitas ocasións.

Este regato está ahí
todo cheo de maleza
a auga xa non murmulla
vaise chea de tristeza.

Xa non olla aquela nena
que tanto xogou con ela
xamáis voltará a vaquiña
que se chamaba marela.

A rapariga da historia
quixo voltar para atrás
e rebobinou a vida
un anaquiño namais.

viernes, 9 de enero de 2009

¡Si Señor !¡gustalle o roxo!

Sigo experimentando! agora poño verde ¡e como falle! leva clara ! voulle chamar de todo. Ca... Pu... Ma.... todo iso pero non pensedes mal que iso pode decir moitas cousas por exemplo: Cariño ,¿Puedes Mañana? xa veredes como funciona ,con estas palabras tan agarimosas

Volvendo a intentar

Bou mirar si poñendo unha cor moradiña teño mais sorte.
Onte escribín un pouco ;pois facía moito tempo que non podia entrar no escritorio) entón grazas a axuda dunhas persoas mui apreciadas por min, (que me axudaron),puiden entrar, xa enton mui contenta, ¡seleume furada ! deille a publicar entrada e non sei onde foi a parar todo o escrito
Agora teño que mirar si o teño gardado, porque logo mirei si estaba publicado ¡Hai Dios meo ! e non estaba ! quixen voltar a escritorio e non me dei maña ,ou ¿ será que este cacharro tena tomado conmigo?