domingo, 31 de mayo de 2009

¡¡¡Que vergoña de políticos!!!

En verdade decídeme se vos gusta como se insultan os políticos?


Case que me dá vergoña velos, e mais como a xente e capaz de crerlles algo? ¿quén di a verdade?, cada quen vai crer o seu ídolo, entón pra que lado imos, os que non temos ídolo ningún
E que non hai que ter moitas luces pra darse conta,da cantidade de enganabobos que son.
Os dous cabecillas, mandamais! poñéndose podres! ¡home por deus! e despois queremos que a xente sexa educada, que se respete,¡pero! ¿que vemos? ¿que nos ensinan eles?
Sempre pensei que a xente sen cultura eramos os "túzaros"pero.......doume conta canto lles quedou por daprender , a semellantes persoaxes.

Canto me gustaria velos pelexando corpo a corpo, Jijijiji ata os azuzaria haber se se escornaban dunha vez. (por fabor aibrámolos ollos) rinse de todos Nós.
Tiñámos que sair a rua en manifestación pra pedirlles EDUCACIÓN

domingo, 3 de mayo de 2009

A todalas NAIS do mundo

A ti que os levache no ventre , que cargache con eles traballando de sol a sol.
A ti que cando tiñan fame dechelles de comer cando tiñan frio aroupacheos.
A ti que pasabalas noites en vela abalando no berce ,morta de cansada.
A ti que te erguias cediño para facer as labores, e logo mandalos a escola.
A ti que quizais con moitos traballos, sacache pa diante unha familia.
A esa nai que nunca lle dixeron grazas mama, e que ela nunca pideo nada
Que tal vez o único que recibeo foron malas razóns, e ela comendo bágoas
de dor sigueo dando todo, e moito mais, por eses seres que ela mesma trouxo
o mundo, e que daria a sua vida por velos, sans e felices.
A esa nai tan especial que e a gran maioría, e que tan poucas veces se lle ten
en conta todo o que fai, si non todo o contrario, trátase con esixencia sen
grazas a cambio .

Para todas esas mulleres sin distinción de razas nin relixions, e quedando
moi pequeniño o relato, os meos parabéns, e o agasallo mais importante que e
o cariño o recoñecemento e o respeto, que cada dia da sua vida sexa mais doada
Moitas honrras e moitos bicos a todas