domingo, 23 de noviembre de 2008

DIA DE FEIRA

Dia 23 de novembro
Como se sole decir hoxe está un día porco.Po la mañan fun a feira de Moeche, habia moita xente pero non se podía andar cos paraugas abertos que tropezaban uns con outros, funlle poñer unhas pilas a 2 reloxos, e case que me facian falla a min por non preguntar canto me ian costar porque con este precio compraba outros nos Chinos, xa sei que hai que facer comercio nacional pero ¡tamen!,as veces un vese obrigado a pasar por eses comercios de pacotilla que en ocasions paga a pena ,porque dous mais dous son catro en todolos sitios , non me explico ben pero a bo entendedor poucas palabras bastan.
A xente fala da crise e ¿donde está? haber ¡aila! pero daquí a que se viva coma nos anos 40 ¡buf! non che e nada ,e non fai falla ir tanto atrás ,ata os 60 era duro ¡que pouco se sabe do mal que se viviu!,agora parece que todo o mundo xa o esquenceu .Méten-nos o medo no corpo, e todo pode pasar! pero de momento o que sobra e o vicio que e o que leva moitos cartos.Chamémoslle crise cando nos vexamos sen pán na mesa e teñamos que voltar a caba-lo monte coas mans para botar cereais e camiñar con zocas de pau , isto ocurreu e vino eu, sin embargo agora estou a escribir con isto,non quixera voltar aquel tempo ,prefiero telo que escribir para que todo o mundo saiba
que isto faltalle moito para parecerse a aquel tempo ".Preguemos para que iso non ocurra"

miércoles, 19 de noviembre de 2008

SOÑO

Sampre soñei un mundo mais xusto
Pregunto ¿porqué non se fai? ,que complicada e a existencia ,¡que alto precio teñen que pagar alguns seres por non pedir haber nacido! E a todo isto ¿dende está ese ser que se di que e perfecto ?,¿ porqué somos tan covizosos?.Si viviramos nun país deses chamados terceimundistas sin duvida saberiamos mui ben todo o malo ,pero para nada saberiamos algo do bo .¡E podiamos ser nos os que nos tocase de nacer alí ! ¿e daquela? ¿que !.
Pero os soños , soños son !!
Que fermoso seria non ter que soñar algo imposible, ter esa variña máxica (que non existe),e ¡zás! dun plumazo, cambiar todo o que está mal.
Decia unha aboa miña, ¡¡ este mundo e un paraugas !! chove nel coma fora !!, e eu penso algunha vez que era mellor paralo mundo, baixarse del ,para dende lonxe miralo mellor

sábado, 15 de noviembre de 2008

Prácticas

Estou mirando de coller ben o tranquillo a este sistema , pois estáme gustando pero necesito moita leña para lembrarme como se fai.
Hoxe quero falar dun tema que me preocupa:
Fai un tempo vimos sufrindo en San Sadurniño ,unha desídia sanitaria , refiérome o centro de saúde ,a xente queixase moito e ten razón pero non sabemos por donde empezar ,porque habería que darlle a volta completa o sistema que temos ,son moitas cousas as que hay que numerar ,de mal caracter,mala atención, pouco interes po los pacientes (pouco sería algún). Si vai un paciente buscar pastillas vinte anos seguidos xamais controlan si e hora de cambiarllas ,ou de que non lle fagan falla, todo da igual con tal de tratar aun de ignorante!!. Pero teño entendido que depende un pouco de si es mais xeneroso. Un caso a destacar sucedeo fai pouco , un Sñr sinteose indisposto pretiño do centro chamaron o seu médico e este non asisteu,¿isto e dun ser humano ?xa deixando a parte o de ser médico .Os detalles darian para facer un sinfín de blogs todos con queixas desagradables .A impotencia que se sinte e moi grande ,mesmo a hora de coller vez por teléfono, parece que teñen comisión con Telefónica por moitos detalles que son bergoñosos.
E agora xa desfoguei un pouquiño do que pasa ,isto solo e a punta do cumio

viernes, 14 de noviembre de 2008

Paseo de lixo

A min non me vale ¿e a vos?

Hoxe dia 14 de novembro ,estivo un dia muy bon ,fun pasear cos meus fillos ata un sitio que se chama o "Murallón "donde a xente ten a mala costume de tiralo lixo mais ben chamado: merda gorda. Alí pódese atopar calquera tipo de obxeto , marcas de todos os electrodomesticos ,non quero facer propagandas pero isto eche moito . Quixera ter que poñer ¿que cousa mais linda ? pero a realidade e outra .Seria outra cousa si a nosa concencia fose doutro xeito ,teriamos que pensar moitas veces as cousas antes de facelas e sempre preguntar donde e o sitio axeitado. Solo con pensar que iso nun monte noso non o faríamos ,xa o di todo "o que non queiras pa tí nunca llo fagas a outro" e non e solo o propietario tamén e un feo para quen o mira Teño a esperanza de que isto cambie para ben ,e os que lean o blog que pensen que teño RAZON