domingo, 29 de enero de 2012

BÁGOAS

Era unha tarde do mes de Nadal( xa era o solpor) nun país no outro lado do Atlántico, facia calor coma sempre, as mosquitas estaban alporizadas c roéndome por donde podian, por mais productos que esparexia, sempre metian o ferrón, pero aquel dia parecia que o estaban a facer dun xeito especial como agasallo pra lembralas moito tempo.
Xa todo estaba listo, as faces da xente xa non tiñan sorriso, chegaba o momento amargo dunha viaxe que se fai co propósito de visitala familia, xa tivéramos que facelo mesmo, noutras duas provincias, primeiro decir adeus en Camagüey (Sola) logo en Matanzas (Jagüey Grande) e despois na Habana ( San Miguel del Padrón) : Pasar por tantas despedidas deixan pegadas que cada diá lembras unha pila de veces, igual se lembran outros intres mais ledos.
Saimos camiño do aeroporto nun carro (como din eles) que tiña 60 anos ,xa era a cuarta vez que iamos no mesmo carromato, era de pélicula, rascabaan as marchas que case que habia que tapalas orellas, logo de dar tumbos durante media hora , chegamos o destino, Aeroporto -José Martí , alí esperamos que chegaran uns familiares que viaxaban con nós, tardaron, e a min entroume unha pila de nervios xa estabamos na fila pra facturar cando chegaron, manos mal que con nós habian cinco persoas e entre todos collémoslles a vez na ringleira, e o final tiveron sorte que ninguén refunfuñou .Cando xa todo estaba listo antes de ser hora de pasar os cotrois, sentamos todos xuntos pra tomar algo, xa a ninguén lle corria nada pra dentro, logo de estar alí un pouco, había que partir, xamais me pode esquencer tal intre agre, de ver como uns rapaces curmáns dos meus curmans, lles caían as báguas na despedida con tremenda dor.¿canto darian porque iso non acontecera?.
Así levan milleiros de anos as persoas emigrando , e deixando trás si regueiros de baguas e dor. Que fermoso sería non ter que irse nunca por necesidade, poder morar na terra onde se nace ata o fin , sin ter que sentir esa profunda angustia polos seres queridos, tanto os que se van, coma os que se quedan, sentimos que algo non queda completo, que o mundo está regado de persoas alleas, e esas persoas son as grandes sufridoras de cambios.................. solo todos eles saberán o mal que o pasaron ........ anque todo fora bén....... todo iso non deberia de pasar, por largo tempo, solo deberia de existir por trocar culturas , idiomas, praceres ,e visitalo mundo, pero sempre telo dereito de poder elixir onde poder deixalos seus ósos