martes, 7 de diciembre de 2010

Non aturo estes dias

¡¡¡¡¡ Ola !!!!.
Xa estou aquí de novo !!!!
Vou lembrarvos que xa temos aquí os dias mais curtos do ano. Estes dias temos a gran ponte da constitución,! pretiño están as festas do nadal ! todo o mundo che desexa felicidade!.
VALE LOJO; todo estará moi ben!! pero son daquela maneira, non resisto estes dias tan curtos, danme tremenda morriña, preciso luz, dias longos, sol,sentir o trino dos paxaros, durmila sesta, tirala roupa do lombo,darlles leña as moscas, ese barullo do verán ........._!
é a miña gasolina.!!!!
Sempre me caen mal estas datas, pero non é outra cousa que aturalos dias curtos, .... probe do que me ten que aturar, casi que non quero nin parolar coa xente, ¡¡ non teño tempo!! acábase o dia sin velo ceo, e roio mecha!!.
Bueno, non vos é pra tanto pero coa fachenda ben poido.De todolos xeitos quero que vivamos coma GALEGOSSSSS! e desexo que todos seades felices todolos dias da vida, tamén cando quente o sol, que MALO SERÄ, que non aguante un aniño mais, pra que o ano que volva de novo esteña(amarjada) e ainda falta escoitalo soniquete do Nadal, danme gañas de empuxalos dias pra que corran, ¡¡¡vaia maneira de non andaren nada machoooo!!!¡¡¡Tan siquera si tivera céntimos de sobra!!! escaparia pro Caribe (caballero!¡ mi amol!) me iria a Cuba chico!!!!!Pero non pensedes mal eh!! levaria o meo galego , para que non se namoraran de min, Jajajaja, estariamos o quente un tempo, con tal de que cando voltásemos xa poidera velo ceo, e as froriñas dos pexigueiros estiveran agromando.
Un saudiño

sábado, 20 de noviembre de 2010

Un bo xeito de non ofender

Xa fai tempo que precisamos, todos en xeral, unha nova asignatura na enseñanza( certo que me parece moi necesaria).
¡Non sabemos escoitar!!! alomenos parécemo a min, algunhas veces oimos algún comentario que fai moito dano, e sempre non é mal intencionado, simplemente somos trapalleiros por naturaleza, parece que o de menos e que vaia bén expresado, o caso e ilo largando de calquer xeito, que o fin do conto non leva pes nin cabeza, o caso é darlle a lingua. Pois eu via moi ben que nos ensinaran a pensar que iso e moi mal proceder, podemos ofender demasiado moitas veces por falla de ser cautos a hora decir algo,( tamen e certo que hai chismes feitos a drede pra chinchalos demais) moitas veces por envexa, por celos, ou simplemente por ser malas persoas. Sempre fun de efecto retardado, e moitas veces non me dou conta no intre de que me están utilizando, ou como se sole decir, a xente( sonsaca)pero logo non conta o conto o dereito, simplemente dalle o bisté.Sempre pensei que este xeito de decilas cousas precisaba unha insinanza, e certo que alguns por naturaleza sacarian boas notas, e outros suspenderíamos, Pero seria unha maneira de ser mais xustos uns con outros se daprenderamos a escoitar, porque oir e unha cousa e escoitar e outra,
o certo e que debian de darnos clases de comportamento dialectico, penso que a ninguén nos sobraba saber que calquera cousa que se diga dun mal xeito, pode ferir , e logo quedamos tan tranquilos , sin darnos conta que o destinatario final vai quedar moi doido, porque o fin xa pouco leva de certo. E tamen si nos damos conta que iso vai ofender ¿ porque non daprendemos a calar?.

Hoxe nótase que estou aburrida co mal tempo, entón preciso pensar boas practicas, o malo é levalas a cabo!!!!!!!!!!!!!! por iso preciso clases e tamen vexo que os demais lles fan falla, ¿ a que non sobrarian??

sábado, 6 de noviembre de 2010

Papa

¡¡Ala xa marchou o Papa pra Barcelona!!
Ainda non vin comentarios neste medio, entón fago o meu propio. Estes dias falaron moito os medios de comunicación sobre de esta visita a Compostela, comentaron tamén os miles de millons que costou, escoitei opinions de todo tipo,( pero os mais a favor),. Teño que decir ante todo que son ignorante sobre cifras,¡¡¡pero parécenme moitos cartos!!!, e como teño moito tempo pra pensar, voto contas, non quero ofender a ninguén, creo que todo quisqui podemos opinar, e por suposto non temos que contar sempre o mesmo conto, nin facer sempre as mismas preguntas. Sempre se comentou que o Papa e o representante de Deus na terra, pero a min non me cadra o que predican co que fan, casi todo o mundo escoitaria predicar os cregos, ¡¡Eu polomenos si!! e presto atención!! e mais de nova, sabia mais catecismo que matemáticas, pero co tempo tiven que facer mais contas pra vivir , que oracións daprendín.
Entón non quero desviar o relato que quero comentar, ou suliñar, ¿ Si o noso Señor foi como din eles!! e o están representando ? non vemos que non concorda nada?,segun predican, era o máximo, e sobre de todo non tiña nada de seu daba todo polos demais; e vaia por Deus logo, tanto luxo que lle deron a todo o evento........! donde estivo o punto de solidaridade coas xentes????¿¿¿ porque se gastaron tantos cartos??? cando se di o contrario nas homilias????
Pois bén, por riba decian que era un benefício moi grande pra Galicia, pero si facemolas contas que tiven que daprender cando xa tiña huso de razón ( que por certo tardei moito en telo) eses miles de millons...... ben repartidos entre a comunidade galega, sacaban a moitos de apuros económicos que padece moita xente e que non piden moito , quizás con 1000 Euros moitos comerian unha tempada, sin estar cavilando ¿ e mañá que como? Pero velaí o engano contínuo que nos meten, parolaron deses cartos coma si fora a pensión que cobramos a gran maioria de galegos que apenas supera os cincocentos, i en moitos casos está por debaixo.¡¡¡¡¡.... Pois ala a facernos mais parvos...!!!! a nós bén nos chega non si???? total nunca nada fomos!!!!xa de cativos en vez de ensinarnos contas, cerrábannolos ollos con paridas que eles mesmos non creen; E asi estamos, xa falaremos dos beneficios que nos quedaron...................................!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
Deus non cobraba, nin lle facian tales parafarnalias, si creeran de verdade nel, non tiñan que admitir, que se envolveran eses cartos dese xeito, todo se podia facer igual, pero con humildade como eles no lo explican, e como seria en realidade ben visto si todo o que nos intentan facer creer, o creeran eles mesmos, e fosen boas persoas, tanto políticos, coma relixiosos consentidores de tal despilfarro.

Ala xa me despachei co que penso !!!!!!!!!!!!!:::::: que deus me perdoe

domingo, 10 de octubre de 2010

Luz

Entraba pola fiastra un forte raio de luz. Solo me daba en cheo na miña faz, mirei darredor,para ver si alguén mais dos que estabamos alí se sentia incómodo coa mesma craridade, pero a ninguén lle daba aquel reflexo, solo era eu a que non podia aguantar tal resplandor, estiven en silencio non entendín nada do que acontecia, a igrexa estaba chea de xente ,e o sol soio me alumeaba a min, tentei arredarme del, pero no conseguín nun bo cacho de tempo, logo despois non atinaba a ver deixoume os ollos nubrados.
Non estou chocha, soio estou contando algo que me aconteceu hoxe, creo que foi casualidade, ¡ pero e que non tocarlle a ninguén mais!!. Pois non creo que me escollera a min para alumearme divinamente!! porque agora sintome o mesmo que si o sol non me reflexara na cara, anque me importaria, que a Virxe dos Remedios me estivera concedendo o que lle estaba a pedir!!!!¡¡xa o creo que me gustaria!!! sempre que lle pido algo os santos e para o ben dos demais sobre todo SAUDE, nada me fai poñer mais triste que vela xente enferma, e non poder axudala, pero sempre non me conceden semellante petición, será porque non merezo que lles pida nada.De todolos xeitos ei seguir pedindo, por pedir que non quede..........!

miércoles, 15 de septiembre de 2010

XOGO

Estes dias xogando as cartas cheguei a conclusión que a propia vida e un xogo.
Si sempre atinaras coa carta correcta gañarias, ou tamén si as levantaras boas, sempre axudarian.
Pero ahí a cuestión ¿quen sabe que carta e a correcta ? quen sabe a con certeza que ficha mover??.Quen sabe si actuando doutro xeito seria o mellor????quen sabe ......... e unha pregunta eterna.... nunca se sabe ..... xogamos cos ollos cerrados... esta vida sempre ten un as gardado pra amosar cando todo parece que xa vai encamiñado, cortache o xogo polo medio.
A vida é a nosa contrincante, no xogo de vivir, ¡¡¡ cantas veces pensa un que vai tirar por un camiño!!! e a propia vida ponche un atranco, e obliga a coller outro que non queria, pero o mellor non é tan descamiñado!!!! ¿ quen sabe quen ?????
E dificil o xogo de vivir, sorte ten o que atina coa carta correcta, ou move a ficha que debe mover

jueves, 2 de septiembre de 2010

Non fallan

Sigo acompañada das avelaiñas.
Como xa comentei noutra entrada: Siguen vindo as volvoretas a fiastra agora mesmo hai duas pequeniñas e unha grande, e moi posible que hasta que chegue mais o frio sigan vindo cada noite, a verdade non limpo os vidros,( algo é por porca)outra porque non lles cheire a limpo jajaja, pois quero que veñan ollarme cada dia, ou mellor dito cada noite, parecen as miñas mascotas, se non que estas non teño que mantelas nin limpalas, e iso é un adianto grande ¿non?.
Bueno vou cear que xa é tarde, pero tiña ganas de decirvos, que as miñas compañeiras son fieis a cita

domingo, 25 de julio de 2010

Dia da pátria Galega

¡Ola ! a todos:
Hoxe é o dia da pátria galega, como todos veriades na tele, Santiago estaba ateigado de xente, pero cada quen supoño que levava a sua misión particular, uns foron baduar, outros adoralo Santo,outros co fin de facer o que fan moitos, outros co espíritu galeguista, alguns quizais co interese de pillar algo, a saber que?
Con ese mesmo afán que foron todos ata alí, pensando de destinto xeito, así pensamos en realidade (de distinta maneira)iso será bó , pero o malo e atinar co xeito mais correcto,sempre e moi dificil dar no cravo de medio a medio, ¡¡¡¡ xa quixéramos apuntar bén!!!! pero sempre hai alguén encargado de despistarche as tuas ideas, a ahí comenzan as dúvidas,e o que non duvida tamén se esnafra, ou sexa (que leves a intención que leves) nunca saberás si é o correcto,¡¡¡ sempre que non se vaia de mala fé!!! que iso sabe calquera que non é de lei.
Para min o dia de Galicia e todolos dias, son de pura cepa, criada a caldo galego con verzas da horta, o caron da lareira, e lume feito con leña de toxo, debullando castañas e esfollando no millo, cardándo na lá pra facelas medias, ir o palleiro buscar unha presa de palla cun saco o cuchucho pra votarlle o gado, ir o muiño cun saco de grao as costas pra moer e logo facelo pan, iso e moiiiiito mais foi facer pátria...... Que agora veñan presumindo de patriotas cando todo o copian de costumes alleas, non quero decir que esteña mal pero xa está todo moi descafinado, todo virou pra ben pero que moi bén, pero aquelas raices da carballos voltáronse de alcoliptos, e iso si que non me parece a miña terra, nin que teñamos que comelo leite de fora, e todo o que lles sobra os demais, veña pros burros de turno, que iso o fin e o cabo e pra o que nos queren no resto de España e parte do extranxeiro, e nós presumindo de patriotas, e viva GALIZA admitindo que nos cubran de merda, e o noso puro e bo de verdade abandonado e ultraxado dominado, por catro pillapegas sin noxo ningún, VIVA GALIZA AUTENTICA CON AVANCES, E SEN PILLAPEGAS, QUE NOS REVENTEN O NOSO

miércoles, 30 de junio de 2010

A cabeza a viravoltas

Xa son as once da noite, e estou toda extrañada, pola regaña da fiastra éntrame o son de canto de paxaro ¿tan tarde e o animaliño dando o do de peito? ¡¡¡¡Que raro!!!! antes o anoitecer as aves ian durmir, e non se escoitaban ata a mañanciña, pero agora co modernismo ata os paxaros cantan de noite.Non e doado de entender, pero quero asocialo co modo de vida de agora, antaño iamos de troula de dia coma eles, ou eles coma nos, e nestes tempos os rapaces@s van de noite, as bodas, os botellons, as discotecas, etc e ata pola mañán non voltan para durmir, todo se pega hasta eses miudos seres viventes lles gusta a noite para porse a dala nota.Non desagrada escoitalo, nesta noite tan prácida do mes de San Xoán, todo está en calma, solo el e uns cans se sinten o lonxe ladrar, facia tempo que non estaba observando unha noite coma esta, serea e apacible, lémbrame un pouco cando habia a costume de ir os velatorios nos pobos, si estaba bo o tempo a xuventude pasabamolo moi ben,( que pouco sentido) ¿non ? iamos por festa cando iso e tan serio, pero todo iso faino a ignorancia, e mais valia non darnos conta daquela, que para sufrir ben chega o tempo agora.
Di un dito a ignorancia non dura sempre, pero a estupided e pra toda a vida..............Eu penso ¡¡¡mellor o primeiro que o segundo!!!

martes, 25 de mayo de 2010

Fuxeo a avelaiña

Xusto o dia que puxen no blog que a volvoreta me facia compañia, a moi c.....a non voltou, eu agardando que chegara, e nada, quizás leo o blog, e dixo ¡¡¡agora por chivata voute joder!!!.Pero entón estou a pensar si tal vez agora, xa a paparia un morcego que tamén lle fai as veiras a vidreira.
Pero non pasa nada, sempre teño algo que ver ou escoitar, cada noite oio unhas cantinelas noxentas que fai o "golpe"que poñen os pelos de punta de tan feo que soan, asi que non se preocupe ninguén que xa case que canto coma el, ata o moi descarado ponse preto do can a enrizar nel, e" acriquiña " o seo carón ata que teño que sair afuscada tirarlle o primeiro que atopo a mao pra que fuxa, ¡¡será "zoroño!! .
Xa sei quen se está escagallando da risa, o ler semellantes termos.
Penso seguir buscando no meo diccionario particular palabras que pasaron a desuso, que nin sequera as recolleo a real academia da lingua

domingo, 23 de mayo de 2010

Volvoreta

Hoxe é un fia moi fermoso de sol radiante, domingo 23 de maio, coma sempre pra min moi aburrido, porque os dias de festivos non vexo a ninguén todo o mundo sae a divertirse un pouco ou bén, sae da monotonia, pero eu estou castigada dende toda a vida, estes dias son pra min coma un animaliño mais que nunca notan que hai un dia que se chama así. Pero estou agardando a noite que veña a volvoreta, Ela sabe dende hai moitos meses, cando ten que vir, xusto sabe que estou soa aquí enredando neste trevello, é aparece de súpeto na vidreira batanando as ás, sempre é a mesma e iso que din que eses animaliños duran pouco sin facerse crisálida, Pois ela decide acompañarme hasta o intre que decido retirarme,E que estou un pouco chocha e ela sábeo porque cando a vexo falo con ela,( en voz vaixiña) claro) se non difinitivamente necesito un loquero, pero parece unha coña, cando facia frio pensaba que viña quentarse, e gora que fai calor, sigue sendo leal a cita, pois grazas a ela cada noite sinto que alguén se acorda de min, anque solo sexa unha (avlaiña) como lle chamamos nesta terra.
Penso que isto e moi sinxelo coma pra poñer no blog , pero si vos aburre lelo, pensade unha cousiña,¡ Ainda hai que estar zumbado pra escribir esta parvada!

lunes, 17 de mayo de 2010

BIRTUKAN

Bendita sexas miña raiña, que Deus te deixe chegar .
todos te estamos agardando , pra poderte acurrucar.
Serás o anxo da garda, seras a neta esperada.
tentaremos que sexas moi feliz xunto coa nosa compaña

Amor non che vai faltar, tenrrura imosche brindar.
no seo da nosa ialma, un lugar as de atopar.
Soio te vin nun retrato, e o corazón case me parte
estou agardando que chegues, para poder abrazarrrrrte

Esta poesia vai dedicada a miña netiña

Birtukiña

domingo, 9 de mayo de 2010

Dia das nais en Cuba

Hoxe recibín felicitacions con motivo do dia da nai que se celebra en Cuba.
Pero non deixei de estar triste, por ser un dia moi triste para min,( anque xa fai moitos anos) sempre lembro con tristeza este dia, por ser o aniversario do falecemento da miña nai. Pero anque pasen moitos mais esa dor sempre me acompaña, e o lembrarme hoxe con postales moi bonitas, púxoseme un nó na gorxa, por asocialo dia de hoxe co de hai 19 anos, por ser un dos mais tristes da miña vida.
Por iso dedico eu no seo recordo este pequeno relato,desexando que ningunha nai do mundo, lle toque a triste situación que a ela lle tocou vivir, e logo os seos últimos anos tamén viveu sin vivir, coa maldita enfermidade do Alzeimer,
Tamén teño que lembrar que era unha muller moi alegre, a pesar do seu mal traxecto que lle tocou vivir moitas veces, ainda cantaba as suas rejeifas, e gustáballe bailar, e animar o dia das festas , con risas e contos.
Felicidades a todalas nais e que nunca , nunca, teñan que sufrir sobre de todo porque os seus fillos non finen primeiro que elas, porque creo que o peor que nos pode ocurrir, decirlles adeus a seres tan especiales, que lles demola vida e quixéramos velos quedar con ela

sábado, 27 de marzo de 2010

Cambio de hora

Dende toda a vida,que levan,mareandoa xente coa desculpa de que se aforra enerxia, co cambio, sempre pensei que era unha trapallada, e cada vez, creo mais, cando vemos os recibos da luz, son escandalosos o mesmo cunha hora mais , ou menos,¿A alguén de vos? notades algo?, falan das industrias, e logo-! pregunto eu a maquinaria non furula as mesmas horas tanto sexa de inverno uo veran?.non fai falla ser moi listo pra cubicar, as horas que se utiliza a eletricidade,¡¡será que a nosa terra non ten centrales de todo tipo, con enerxia dabondo, pero como gusta facer a os cidadans mais parvos do que somos, ¿pareceralles que acendemolo candil? pra poñelos aparatos en marcha? jajajaja moito meda que nunca se pararon a votar contas en serio porque se madrugas mais, antes farás uso da luz, e por iso non te vas meter na cama con sol e deixar de levar unha vida normal, o recibo non se diferencia, polo tantoo gasto non varia, solo e unha maneira mais de amolala xente, sobre todo os rapaciños, e os ancians, que tan mal o pasan unha temporada.Desexo a vosa opinión, ¿¿¿que vos parece a vos???

domingo, 28 de febrero de 2010

Xa pasou!!!!!!!!

¡¡¡¡¡Ala!!!!! tanto medo!!!! .....Eh ...digo eu... fai cousa dun mes fixo aquí un vento que rompeu árbores e tamenos arrancou , ninguén dixo nin pio , agora tanto prever e nin siquera tiña forza pra tirar unha folla, ¿ e que non entenden mais? ou que eu estou tola?. non quero ofender a ninguén, e non sei se noutros lados zoou duro! pero en xeral non foi, alomenos aquí o touro era manso e non turrou nada de nada, xa ma dixo Victor que tiña nome, eu ignoraba pero non fixo honrra a el ¡¡¡¡Menos Mal!!!! esperemos que sempre sexa así, que busquémolas velas e que non cheguemos a acendelas

sábado, 27 de febrero de 2010

Ameaza

Hoxe 27 de febreiro, estamos en ameaza de temporal,( ainda non sabemos o seo nome,) pero según os informativos a alerta e roxa, esperemos polo noso ben que se enganen
Se isto é coma o pintan quedaremos sin comunicación, agardando que a cousa non pase dunha alarma e que teñamos sorte, de momento son as 3 pm e non se ven trazas, anque sole ser traicioeiro e de súpeto témolo bufa que te bufa, e nós por toda acasa na procura de velas e chisqueiros escoitando cando arrola unha lousa, ou ben algo a unha fiastra, ou si se arrinca a fumeira, etc,etc, nuha palabra,( acojonados)
Desexo a todos bó dia e que mañán poidamos comunicarnos con boas novas

domingo, 7 de febrero de 2010

A NOSA GAITA

Gaita que sei que non choras
pero que si estás xemendo
non porque te esquenceran
se non por moito sentimento

Sentes o pasar dos anos
sentes esa dor de antano
sentes quen te está tocando
que te quere todo o ano

¡Gaiteiro que ti a tocas!
sabes que non está chorando
sabélo mellor que ninguén
poriso a estás tocando !!!!

Gaita que soas con forza !
nunca deixes de tocar
pasen anos ,pasen seculos
non deixes de resoar.!

Teñas a cor que teñas,
calqueira punteiro che acoplen,
toca gaitiña con forza!
que outros nunca te afoguen

Só ti es boa galega
esa que eu imaxino
toca gaita os catro ventos!
que iso de tí e moi digno!

O roncón que te compón
sempre se escoita roncar
!grazas gaitiña galega!
!non deixes xamais de soar!

Si as veces sentes pena
sei moi ben que nunca choras
porque cando te aloumiñan
sinto o moito que redobras

Forza gaita que ti levas,
un fol moi cheo de aire
toca , toca sen parar
para que a xente baile

E se non queren brincar
que se queden ben sentados
pero ti toca con ganas
para deixalos pasmados

Gaita que outros te tocaron
tamén poemas che rimaron
ti soiña sabes o sentir
do amor que che adicaron

Agora que pasou o tempo
ainda ninguén te esquenceu
por esa gran permanencia
outro verso rimo eu

Eu que non son gaiteiro
sinto que sigues con vida
a tí adico o poema
¡¡¡ miña gaitiña querida!!!


domingo, 31 de enero de 2010

ANDAINA

¡Meus queridos lectores!.
Hoxe como tiña gañas de camiñar, fun na compaña da miña filla, dar un grande percorrido, saimos da" CURUXA" (que así se chama) ¡¡non é buho!! nin moucho!! nin lechuza!!....... e a curuxa. Como ia decindo; saimos as 4,15, cara a Ferreira, pasamos po-lo lugar da Fraga baixamos cara o rio, que serán uns 3 km, alí fixemos unha pequeniña parada, bebemos auga,e papamos un bombón , estabamos xusto debaixo de Cadavás no entronque cos Pontigos, pero o noso percorrido era collela pista cara a Chabola, e así foi todo o caron do rio pista pra riba, fomos ollando cousas fermosas coma que ainda hai xente que cuida os regados de herba preto o rio e ata conserva as antigas maceiras bén vellas, pero nin por iso as trozaron,habia uns fieitos fermosos , e moitas pegadas de camiños antergos dando voltas pra chegar os pradeiros e mesmo os muiños, todo iso era moi fermoso, pero estaba nese traxecto algo que nestes tempos miramos con frecuencia que é o lixo tirado facéndolle o feo a natureza quizais a nosa ignorancia lévanos a cometer ese crime, creo eu que nese intre de tiralas cousas ninguén que o fai e sabedor de que está moi mal feito , e agora temos ahí esa merda noxenta, que fai que o primeiro que ollas sexa iso desagradabel.
Logo de camiñar utros 2km ata debaixo de Burreiros nese traxecto do rio, viramos a dereita cara a Igrexafeita , camiño arriba ata chegar de novo o punto de partida que en total serian como 7 km, non traiamos nin frio nin gañas de camiñar, pero si algunha fame. E hoxe foi todo, outro dia quizais teña o pracer de contar outras cousiñas........

domingo, 3 de enero de 2010

BO ANO A TODOS

A única maneira que temolos humanos para multiplicala felicidade é compartila

Desexovos a todos

Que o camiño surxa o teu encontro
que o vento zoe sempre as tuas costas
que o sol brile mornamente sobre da tua cara
que a choiva caia pausadiña sobre a terra
que a tua vida estea chea de:
Entusiasmo
esperanza
felicidade
éxitos
amigos
decisión
amor

Tamen de saude , e" cartiños"
Vive cada dia con entusiasmo

Regala o teo soriso a quen te mereza
o teu amor a quen te valore
as tuas bágoas a quen te queira
e a tua vida a quen te ame

E con estas coisiñas tan doadas de decir ,e tan malas de cumplir, vémonos no 2011 cos mismos desexos, e con algo xa logrado