domingo, 28 de febrero de 2010

Xa pasou!!!!!!!!

¡¡¡¡¡Ala!!!!! tanto medo!!!! .....Eh ...digo eu... fai cousa dun mes fixo aquí un vento que rompeu árbores e tamenos arrancou , ninguén dixo nin pio , agora tanto prever e nin siquera tiña forza pra tirar unha folla, ¿ e que non entenden mais? ou que eu estou tola?. non quero ofender a ninguén, e non sei se noutros lados zoou duro! pero en xeral non foi, alomenos aquí o touro era manso e non turrou nada de nada, xa ma dixo Victor que tiña nome, eu ignoraba pero non fixo honrra a el ¡¡¡¡Menos Mal!!!! esperemos que sempre sexa así, que busquémolas velas e que non cheguemos a acendelas

sábado, 27 de febrero de 2010

Ameaza

Hoxe 27 de febreiro, estamos en ameaza de temporal,( ainda non sabemos o seo nome,) pero según os informativos a alerta e roxa, esperemos polo noso ben que se enganen
Se isto é coma o pintan quedaremos sin comunicación, agardando que a cousa non pase dunha alarma e que teñamos sorte, de momento son as 3 pm e non se ven trazas, anque sole ser traicioeiro e de súpeto témolo bufa que te bufa, e nós por toda acasa na procura de velas e chisqueiros escoitando cando arrola unha lousa, ou ben algo a unha fiastra, ou si se arrinca a fumeira, etc,etc, nuha palabra,( acojonados)
Desexo a todos bó dia e que mañán poidamos comunicarnos con boas novas

domingo, 7 de febrero de 2010

A NOSA GAITA

Gaita que sei que non choras
pero que si estás xemendo
non porque te esquenceran
se non por moito sentimento

Sentes o pasar dos anos
sentes esa dor de antano
sentes quen te está tocando
que te quere todo o ano

¡Gaiteiro que ti a tocas!
sabes que non está chorando
sabélo mellor que ninguén
poriso a estás tocando !!!!

Gaita que soas con forza !
nunca deixes de tocar
pasen anos ,pasen seculos
non deixes de resoar.!

Teñas a cor que teñas,
calqueira punteiro che acoplen,
toca gaitiña con forza!
que outros nunca te afoguen

Só ti es boa galega
esa que eu imaxino
toca gaita os catro ventos!
que iso de tí e moi digno!

O roncón que te compón
sempre se escoita roncar
!grazas gaitiña galega!
!non deixes xamais de soar!

Si as veces sentes pena
sei moi ben que nunca choras
porque cando te aloumiñan
sinto o moito que redobras

Forza gaita que ti levas,
un fol moi cheo de aire
toca , toca sen parar
para que a xente baile

E se non queren brincar
que se queden ben sentados
pero ti toca con ganas
para deixalos pasmados

Gaita que outros te tocaron
tamén poemas che rimaron
ti soiña sabes o sentir
do amor que che adicaron

Agora que pasou o tempo
ainda ninguén te esquenceu
por esa gran permanencia
outro verso rimo eu

Eu que non son gaiteiro
sinto que sigues con vida
a tí adico o poema
¡¡¡ miña gaitiña querida!!!