domingo, 31 de enero de 2010

ANDAINA

¡Meus queridos lectores!.
Hoxe como tiña gañas de camiñar, fun na compaña da miña filla, dar un grande percorrido, saimos da" CURUXA" (que así se chama) ¡¡non é buho!! nin moucho!! nin lechuza!!....... e a curuxa. Como ia decindo; saimos as 4,15, cara a Ferreira, pasamos po-lo lugar da Fraga baixamos cara o rio, que serán uns 3 km, alí fixemos unha pequeniña parada, bebemos auga,e papamos un bombón , estabamos xusto debaixo de Cadavás no entronque cos Pontigos, pero o noso percorrido era collela pista cara a Chabola, e así foi todo o caron do rio pista pra riba, fomos ollando cousas fermosas coma que ainda hai xente que cuida os regados de herba preto o rio e ata conserva as antigas maceiras bén vellas, pero nin por iso as trozaron,habia uns fieitos fermosos , e moitas pegadas de camiños antergos dando voltas pra chegar os pradeiros e mesmo os muiños, todo iso era moi fermoso, pero estaba nese traxecto algo que nestes tempos miramos con frecuencia que é o lixo tirado facéndolle o feo a natureza quizais a nosa ignorancia lévanos a cometer ese crime, creo eu que nese intre de tiralas cousas ninguén que o fai e sabedor de que está moi mal feito , e agora temos ahí esa merda noxenta, que fai que o primeiro que ollas sexa iso desagradabel.
Logo de camiñar utros 2km ata debaixo de Burreiros nese traxecto do rio, viramos a dereita cara a Igrexafeita , camiño arriba ata chegar de novo o punto de partida que en total serian como 7 km, non traiamos nin frio nin gañas de camiñar, pero si algunha fame. E hoxe foi todo, outro dia quizais teña o pracer de contar outras cousiñas........

domingo, 3 de enero de 2010

BO ANO A TODOS

A única maneira que temolos humanos para multiplicala felicidade é compartila

Desexovos a todos

Que o camiño surxa o teu encontro
que o vento zoe sempre as tuas costas
que o sol brile mornamente sobre da tua cara
que a choiva caia pausadiña sobre a terra
que a tua vida estea chea de:
Entusiasmo
esperanza
felicidade
éxitos
amigos
decisión
amor

Tamen de saude , e" cartiños"
Vive cada dia con entusiasmo

Regala o teo soriso a quen te mereza
o teu amor a quen te valore
as tuas bágoas a quen te queira
e a tua vida a quen te ame

E con estas coisiñas tan doadas de decir ,e tan malas de cumplir, vémonos no 2011 cos mismos desexos, e con algo xa logrado