domingo, 27 de septiembre de 2009

SOEDADE

Xa fai moito tempo que non escribo no blog.
Teño moitas cousas pra contar pero non sei por donde comenzar.
Hoxe vou falar , da soedade.
Cando era nova , pensaba, mellor dito , non pensaba, que iso da soedade non existia, pois ben meus queridos lectores, non é unha coña, miro todo o arredor, e ¡ cantidade de persoas solas ! xa con edade considerable, e ven triste, si se atopan mal ¿por quén chaman?.Moita xente que fixo un sacrificio pra darlles unha preparación os fillos e logo, está coma un pao entre catro paredes, e con sorte son dous paos, pero ¿que conversan?¡ sempre o mesmo! e soutro dia ¡o mesmo! ou se non como están moi aburridos, miran todo o dia que fan os veciños, ou se non chaman a miudo o (querido celador) pra ir o médico , e alí parolar un pouco con alguén coñecido, e depaso levar a desagradable sorpresa de que o colesterol sigue alto, a tensión, vai polas nubes, ten artrose nas xogas, etc.etc. etc.. Volta pra casa e, mañán o mesmo, esperando que tal vez soutro dia sexa peor.
O inverno e longo, a saude pouca a soedade moita, logo tamén se acoplan os tristes recordos vividos,¡ e algún que outro bo tamén! .Saen a camiñar lentamente , sabe Deus pensando ¿que?, voltan moi quedos pra casa, pra donde ninguén os ve, Moitos vellos ficán solos moitos anos, despois non saben vivir con ninguén tanto están a sua maneira , que non son capaces de adoitar outro xeito de vida ¡¡ e logo decimos que son raros !! ¡¡tal ver tal esperar !! e o tempo pasa non santiamén.
Isto cada vez con tanto modernismo e peor, non hai necesidade, nin sequera a dignidade, de faguerlles compañia, e mostrarlles un anaquiño de agarimo, pra que non se sintan con tanta soedade, naide di que sexa doado, pero e moi necesario, mais tamén creo que non tén amaño