domingo, 11 de diciembre de 2011

Xa estou na casiña

Aquí estou de novo, xa fai 4 dias, pero ainda estou facendo a dixestión de tan longa e pesada viaxe, perecia cousa de tolos, (claro que algo hai que estar) de repente non poido contar , non saberia por dende comenzar, o mellor cando xa me esquenza de xemellante descontrol, volvo a realidade. Foron miles de km, algunha que outra cousiña regular, pero moitas boas,atopei xente fantástica, moita dela xa a coñecia, outra foi a primeira vez, pero foi coma si xa fóramos amigos de toda a vida, todos tiñan a mesma canción, dar quixas e mais queixas, que ganaban pouco e non lles chegaba para nada, pero eu saquei a miña conclusión, non todo era tan malo, viaxei alí fai 12 anos e vin unha diferencia a favor da xente, todos vestian mellor, e comian mellor. O país si que está moi deteriorado, pero algo é a xente que son moi folgazás, sempre se notaba a xente mais traballadora ata tiña a casa mais limpa, e sin trastos o seu redor.
Bueno si vistedes algunha Película de Cuba son auténticas, sin trampa nin cartón.
Teñen teléfono pero casi que non lles faria falla, teñen a gorxa tan fina, que non se quedan curtos berrando, ¡¡¡ por deus vaia algaravía que forman!!! , Pouco durmen, as 12 da noite hai leria, e as 5 da mañá xa están a berros de novo, ¡¡¡Mimadriña canto votei en falla o silencio da nosa terra!!!

viernes, 18 de noviembre de 2011

AAAAASUCAR!!! ME VOY A CUBA

A todolos lectores do este blog
infórmolles que faltarei uns dias, pero a volta terei unha nova historia que contar.
Vou para o Caribe coma o curro, pero non cos cartos da quiniela, si non co esforzo de aforrar algo durante moitos anos.
Xa vos contarei algo do que me acorde, si é que traigo algúnha aventura.
Moitos bicos

lunes, 22 de agosto de 2011

Reflexión

Manda carallo co dia de hoxe !!! en pleno ajosto e deste xeito !!! imos aviados cara o inverno, agora os dias cada vez son mais curtos é vaia maneira de pasalo verán casi sin ollalo.
Menos mal que o pasamos ben vendo o PAPA, según alguns foi todo un éxito, ¿para quen? me lo expliquen que así entendo!!! como se dí comunmente) ¿donde está a ganancia? respeto o que cada quén cree ou deixa de crer, pero xa está bén de que nos intente meter a estas alturas........ !sobre todo os beneficios adquiridos polo país!!! Sempre estiven da cordo que si non crees en algo non tés a que agarrarte, todos temos o punto fraco da vida, ou mais ben moitos puntos fracos, e precisamos no mais fondo pedir un milagre, hai veces que está ahí, pero outras moitas falla, cando falla... ¿que se pensa? moitas cousas !! sobre todo no inxusto que é o ser que lle pedimos con tanto fervor algo tan lóxico como a saude para a xente moi nova,( entre eles nenos)cando se ve xente morrendo de fame, e moitas atrocidades sin xeito nin maneira, ¿que controla ese ser sobrenatural?.Claro está non me extraña que agora a xustiza faga o mesmo, non controlan nada, non saben quen ten razón, nin quen non, levan toda vida con un xefe así!!!!, Bueno non é tanto , eu sempre pido a Deus, pero os curas, os bispos, o papa e toda esa culimaia, era moita hora que foran traballar, si tan siquera souberan como é un esforzo físico comprenderian millor as persoas, saberian que as cousas non can do ceo, e que a loita por vivir non é solo conto barato, pedirian menos, gastarin menos en burradas, e darian mais os que en verdade o necesitan, pero os curas sempre foron ensinados para pedir con artimañas raras, din que axudan os probes necesitados, si os cartos que se gastaron para que viñese a España, os mandaran o corno de África invertidos en alimentos, moitas vidas salvarian, e mais quitaban paro na xente traballando na procura deses alimentos, que xa podian ser bastantes miles de persoas, e de feito hai extensión dabondo de terra fertil para traballar con recompensa axeitada para comeremos todos.
Pois non digades que non fixen unha gran oración !!!!!!!!!!!!!!!!!!
O que pasa e que non saben de min para organizalo mundo ,JAJA

sábado, 6 de agosto de 2011

Un dia porco de agosto

Que pouco traballadora está a xente !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Non hai maneira de ver cousas novas no blog, doulle cen-mil voltas cada dia, e case que ningúen pon nada, xa se ve que está de moda outro xeito de comunicarse, pero eu non vexo que teña mais contido, ler historietas aquí da para mais, sempre vexo o que sale anque en ocasions non comento nada, pero sempre me gusta.
Hoxe foi a feira rural en San Sadurniño, tiña pensamento de ir, pero o dia portouse moi mal e non animaba nada a sair da casa, menos mal que tiven a Birtukan para que non me deixara aburrir, así e todo entroume o sono, ela notoumo, e díxome ¿ e logo porque non durmiche de noite?¿ e como lle explicas a unha catixa de 5 anos as cousas polo miudo? anque ela entende moito, hai moitas cousas que non as entende ninguén , sempre aparecen cousas que che quitan o sono, outras fante moi feliz, ¡¡¡ pero iso dura tan pouco !!

domingo, 3 de julio de 2011

Sol e sombra- e pasando o tempo

Agora que a xente está de parranda, nas praias, de paseo por algún lugar exótico, de merenda nas festas, ou sea, de carallada,porque os dias préstanse de maravilla, eu sigo aquí sempre mirando si alguén pón algo, no blog, no Facebook, nos correos, mirando pola fiastra, para ver si o sol para de quentar moito pra sair coa fouciña e cortar herba para as pericas, ou mirar si se enxugou a leña e gardala pra quentalo fuciño no inverno. En fín vida de vella," non de bella vida" xa casi que.....me poño a pensar e escápame o tempo e non vexo a maneira de paralo, estou non mundo coreño coa miña forma de pensar, a pesares de que iso é o que fago, non fago o que quixera facer, sinto un gran valeiro, son coma unha pomba coa as ás esmoquenadas e non pode alzalo vó, non pretendo chegar moi lonxe, solo me chegaba voar a outros lugares e tomar aires distintos durante uns intres, pouco pido " e pido moito"porque nin iso merezo facer, todos chegamos a este mundo con algo destinado no camiño da vida e por mais que o queiras arredar de ti sempre te persigue.
Como decimos os de sempre " o caso é ter saude"!!!!!!!!!!!!!!!!!e seguir o pé do cañón, que hai outros xeitos de vida moitíiiiiiiiiiisimo mais ruins

sábado, 30 de abril de 2011

Si a los tres años no he vuelto

O título púxeno en castelán, como en realidade está escrita a novela.
Non hai mal que por ben non beña. Estes dias como estou media coxa, pouco ou nada puiden facer, entón recomendáronme ler un libro, o certo é que habia moitos anos que non lia un libro enteiro aburriame antes de acabar, porque estaba pensando facer outras cousas, e non pillaba o fio.
Gustoume moito lelo, anque teño que recoñecer que os rollos sin interes pra min pasei deles
Trata gran parte da guerra civil Española, "anque ten cousas pra facer diálogo". lembroume moito o que escoitaba de nena e o que en realidade era moi certo, que despois de semellante revolta, quedaron mandando no país uns verdugos en toda regla, e tamén abusadores, xa pasada con creces a guerra seguia habendo matanzas diárias de xente inocente, como mulleres e nenos, e torturas das mais horrendas que un se poida imaxinar, querian exterminar todo aquél que non fora de renombre ou non pensara en coma eles,( E despois criticaron os nacis) cando aquí fixeron igualiño que eles non, usaron gás, pero non deixaron de ser torturas de todo tipo, que a xente sabia e calaba por un medo de pánico, iso era moi certo, despois de ler rebobinei a miña infancia e atopei no recordo moitas cousas que naquel entonces viamos normal , os de apelido sonado ou os pais tiñan cartos, hasta eran enchufados na escola, a eses os mestres non lles rifaban, nin castigaban, e faciánnos ver os demais que eran mais listos, pero anque éramos moi pequerechos iso a min non se me pasou por alto, dábame perfecta conta de quén merecia o mérito e mais nón. Outra cousa mais era que os pobres na forza do traballo do campo iban traballar gratis para esa xente de mais poder, creo que o facian por medo a que argallaran calquera historia falsa en contra deles,. para que se personara a guardia civil, e lles dera unha malleira, porque iso pasou aquí, xa sendo eu unha mociña , citaron o cuartel uns poucos homes alguns sin saber porqué petáronlles unhas labazadas e mais tiveron que pagar unha multa e sin rechistar, si non seria peor, todo enleado por alguén de apelido sonado e con cartos sempre se lle facia caso anque resultara ser unha gran mentira.
Ainda hoxe en dia esa xente deixa caer na primeira ocasión que atopan, que eles son DE FULANITO DE TAL( cando se quedaron moi atrasados nos seus pensamentos) teran cartos, uo o apelido pero e o único do que poden presumir, agora todos saben ler e escribir, e máis moito máis, xa naide lles ten que ter medo, nin rendir honra. Pero ollo eles ainda son os que nos gobernan dalgún xeito, disfrazados con distintas siglas, descendentes deses ILUSTRES están ahí chupando da canoa, non son tan" nacis" coma os seus antepasados, pero coláronse pola regaña coma se nada.
Isto da para escribir outra novela, pero imos deixalo así , esperemos que nunca mais siga habendo xente desa calaña, moita dela abrigada das saias dos curas e das monxas, e cometendo cousas atroces, e todo isto non pasou fai milleiros de anos, ainda están as feridas abertas polos recordos, vivimos moita xente, e moitos mais que saben mais que eu, que o temos na nosa axenda do cerebro.
Un saudo para todos, e feliz dia a todalas NAIS

viernes, 21 de enero de 2011

PO DE MALA ESTRELA

Hay xente que nace con unha estrela, e outros esfuciñanse nela
O malo de todo e cando meniños ben pequechos se ven envoltos nese (po) tan velenoso que arrastra esa estrela.Non sempre e un home o que maltrata, hay certas féminas que cando se lles acaba o amor(si o tiveron algun dia) cargan dun xeito moi aconselladas,contra eses infelices ex homes ( porque todas din o mesmo)de maneira que a sua primeira idea e que vaian parar a cárcere.Se iso non funciona entón presionan os rapaciños pra que falen mal do pai, e digan o que se ve as léguas, o que eles non sinten facéndoos sufrir enormemente, cando eses rapaciños adoran o seu pai, e do mismo modo o pai adora os fillos
Falta saber si no cotío lles dan algo a tomar que os pon idos.polo xeito de ver eses nenos moi distintos a como son normalmente
Isto valía para levar o título HITORIAS PARA NO DORMIR

viernes, 7 de enero de 2011

Sin título

¡¡ Pois estou pensando que a xente esquenceuse de escribir no blog!!