domingo, 25 de julio de 2010

Dia da pátria Galega

¡Ola ! a todos:
Hoxe é o dia da pátria galega, como todos veriades na tele, Santiago estaba ateigado de xente, pero cada quen supoño que levava a sua misión particular, uns foron baduar, outros adoralo Santo,outros co fin de facer o que fan moitos, outros co espíritu galeguista, alguns quizais co interese de pillar algo, a saber que?
Con ese mesmo afán que foron todos ata alí, pensando de destinto xeito, así pensamos en realidade (de distinta maneira)iso será bó , pero o malo e atinar co xeito mais correcto,sempre e moi dificil dar no cravo de medio a medio, ¡¡¡¡ xa quixéramos apuntar bén!!!! pero sempre hai alguén encargado de despistarche as tuas ideas, a ahí comenzan as dúvidas,e o que non duvida tamén se esnafra, ou sexa (que leves a intención que leves) nunca saberás si é o correcto,¡¡¡ sempre que non se vaia de mala fé!!! que iso sabe calquera que non é de lei.
Para min o dia de Galicia e todolos dias, son de pura cepa, criada a caldo galego con verzas da horta, o caron da lareira, e lume feito con leña de toxo, debullando castañas e esfollando no millo, cardándo na lá pra facelas medias, ir o palleiro buscar unha presa de palla cun saco o cuchucho pra votarlle o gado, ir o muiño cun saco de grao as costas pra moer e logo facelo pan, iso e moiiiiito mais foi facer pátria...... Que agora veñan presumindo de patriotas cando todo o copian de costumes alleas, non quero decir que esteña mal pero xa está todo moi descafinado, todo virou pra ben pero que moi bén, pero aquelas raices da carballos voltáronse de alcoliptos, e iso si que non me parece a miña terra, nin que teñamos que comelo leite de fora, e todo o que lles sobra os demais, veña pros burros de turno, que iso o fin e o cabo e pra o que nos queren no resto de España e parte do extranxeiro, e nós presumindo de patriotas, e viva GALIZA admitindo que nos cubran de merda, e o noso puro e bo de verdade abandonado e ultraxado dominado, por catro pillapegas sin noxo ningún, VIVA GALIZA AUTENTICA CON AVANCES, E SEN PILLAPEGAS, QUE NOS REVENTEN O NOSO