domingo, 11 de diciembre de 2011

Xa estou na casiña

Aquí estou de novo, xa fai 4 dias, pero ainda estou facendo a dixestión de tan longa e pesada viaxe, perecia cousa de tolos, (claro que algo hai que estar) de repente non poido contar , non saberia por dende comenzar, o mellor cando xa me esquenza de xemellante descontrol, volvo a realidade. Foron miles de km, algunha que outra cousiña regular, pero moitas boas,atopei xente fantástica, moita dela xa a coñecia, outra foi a primeira vez, pero foi coma si xa fóramos amigos de toda a vida, todos tiñan a mesma canción, dar quixas e mais queixas, que ganaban pouco e non lles chegaba para nada, pero eu saquei a miña conclusión, non todo era tan malo, viaxei alí fai 12 anos e vin unha diferencia a favor da xente, todos vestian mellor, e comian mellor. O país si que está moi deteriorado, pero algo é a xente que son moi folgazás, sempre se notaba a xente mais traballadora ata tiña a casa mais limpa, e sin trastos o seu redor.
Bueno si vistedes algunha Película de Cuba son auténticas, sin trampa nin cartón.
Teñen teléfono pero casi que non lles faria falla, teñen a gorxa tan fina, que non se quedan curtos berrando, ¡¡¡ por deus vaia algaravía que forman!!! , Pouco durmen, as 12 da noite hai leria, e as 5 da mañá xa están a berros de novo, ¡¡¡Mimadriña canto votei en falla o silencio da nosa terra!!!