miércoles, 30 de junio de 2010

A cabeza a viravoltas

Xa son as once da noite, e estou toda extrañada, pola regaña da fiastra éntrame o son de canto de paxaro ¿tan tarde e o animaliño dando o do de peito? ¡¡¡¡Que raro!!!! antes o anoitecer as aves ian durmir, e non se escoitaban ata a mañanciña, pero agora co modernismo ata os paxaros cantan de noite.Non e doado de entender, pero quero asocialo co modo de vida de agora, antaño iamos de troula de dia coma eles, ou eles coma nos, e nestes tempos os rapaces@s van de noite, as bodas, os botellons, as discotecas, etc e ata pola mañán non voltan para durmir, todo se pega hasta eses miudos seres viventes lles gusta a noite para porse a dala nota.Non desagrada escoitalo, nesta noite tan prácida do mes de San Xoán, todo está en calma, solo el e uns cans se sinten o lonxe ladrar, facia tempo que non estaba observando unha noite coma esta, serea e apacible, lémbrame un pouco cando habia a costume de ir os velatorios nos pobos, si estaba bo o tempo a xuventude pasabamolo moi ben,( que pouco sentido) ¿non ? iamos por festa cando iso e tan serio, pero todo iso faino a ignorancia, e mais valia non darnos conta daquela, que para sufrir ben chega o tempo agora.
Di un dito a ignorancia non dura sempre, pero a estupided e pra toda a vida..............Eu penso ¡¡¡mellor o primeiro que o segundo!!!