miércoles, 29 de julio de 2009

Perdoade si o poema está descarado, pero as persoas tendemos a ser toda a nosa vida dun xeito, si ese xeito muda, a persoa non e a mesma, está forzada nese cambio, como veredes sigo sendo a mesma, hai 30 anos que escribín a poesia, e sigo pensando o mesmo ,anque ¡ algunha vez !......un cala o que está pensando, porque tamén pode ser que non teña razón. Pero creo que aquí neste caso todos estamos moiiiiii.... perxudicados, todos sabemos de enfermedades moi malas e sufrimos horrores de velas, e sen dúvida, e de todo o modernismo que temos. Comemos mer.. e respiramos moita mais

OS MERLOS E A XENTE

Un dia de neboeiro
un paxaro oín cantar
e cantábache tan bén
que me puxen a escoitar

O paxaro era un merlo
deses que son todos mouros
faciao con tanta gracia
que deron a cantar outros

Todo cheo de asubios
estaba o neboeiro
era un dia deses feos
pero estaba parrandeiro

Parolaban uns con outros
cambeaban o asubio
mais eles non se chufaban
non facian ningún lio

Se a xente foramos merlos
canto mellor non sería
non fariamolas guerras
todo seria alegría

Eles por fora son mouros
pero por dentro son brancos
e anque o dia sexa feo
agarímano cos cantos

Mais nós que somos persoas
moito temos que daprender
faguer que os dias sexan craros
e que deixe de chover

A choiva do ceo e boa
pero non así a da terra
acónon hai mais que foula
pois todo isto eche a merda

As prantas canlles as follas
e os toxos xa ban queimados
xa estaremos todos podres
do aire que respiramos

Por moito que se parola
xa non fai caso ninguén
mais os que teñen a culpa
anse de foder tamén

Se escoitamolos paxaros
na sua conversación
decatamos deseguida
o noso pouco corazón

Eles enténdense sin fala
nós falamos a boullón
mais as nosas paroladas
poucas teñen a razón