domingo, 10 de octubre de 2010

Luz

Entraba pola fiastra un forte raio de luz. Solo me daba en cheo na miña faz, mirei darredor,para ver si alguén mais dos que estabamos alí se sentia incómodo coa mesma craridade, pero a ninguén lle daba aquel reflexo, solo era eu a que non podia aguantar tal resplandor, estiven en silencio non entendín nada do que acontecia, a igrexa estaba chea de xente ,e o sol soio me alumeaba a min, tentei arredarme del, pero no conseguín nun bo cacho de tempo, logo despois non atinaba a ver deixoume os ollos nubrados.
Non estou chocha, soio estou contando algo que me aconteceu hoxe, creo que foi casualidade, ¡ pero e que non tocarlle a ninguén mais!!. Pois non creo que me escollera a min para alumearme divinamente!! porque agora sintome o mesmo que si o sol non me reflexara na cara, anque me importaria, que a Virxe dos Remedios me estivera concedendo o que lle estaba a pedir!!!!¡¡xa o creo que me gustaria!!! sempre que lle pido algo os santos e para o ben dos demais sobre todo SAUDE, nada me fai poñer mais triste que vela xente enferma, e non poder axudala, pero sempre non me conceden semellante petición, será porque non merezo que lles pida nada.De todolos xeitos ei seguir pedindo, por pedir que non quede..........!