domingo, 3 de julio de 2011

Sol e sombra- e pasando o tempo

Agora que a xente está de parranda, nas praias, de paseo por algún lugar exótico, de merenda nas festas, ou sea, de carallada,porque os dias préstanse de maravilla, eu sigo aquí sempre mirando si alguén pón algo, no blog, no Facebook, nos correos, mirando pola fiastra, para ver si o sol para de quentar moito pra sair coa fouciña e cortar herba para as pericas, ou mirar si se enxugou a leña e gardala pra quentalo fuciño no inverno. En fín vida de vella," non de bella vida" xa casi que.....me poño a pensar e escápame o tempo e non vexo a maneira de paralo, estou non mundo coreño coa miña forma de pensar, a pesares de que iso é o que fago, non fago o que quixera facer, sinto un gran valeiro, son coma unha pomba coa as ás esmoquenadas e non pode alzalo vó, non pretendo chegar moi lonxe, solo me chegaba voar a outros lugares e tomar aires distintos durante uns intres, pouco pido " e pido moito"porque nin iso merezo facer, todos chegamos a este mundo con algo destinado no camiño da vida e por mais que o queiras arredar de ti sempre te persigue.
Como decimos os de sempre " o caso é ter saude"!!!!!!!!!!!!!!!!!e seguir o pé do cañón, que hai outros xeitos de vida moitíiiiiiiiiiisimo mais ruins