domingo, 3 de mayo de 2009

A todalas NAIS do mundo

A ti que os levache no ventre , que cargache con eles traballando de sol a sol.
A ti que cando tiñan fame dechelles de comer cando tiñan frio aroupacheos.
A ti que pasabalas noites en vela abalando no berce ,morta de cansada.
A ti que te erguias cediño para facer as labores, e logo mandalos a escola.
A ti que quizais con moitos traballos, sacache pa diante unha familia.
A esa nai que nunca lle dixeron grazas mama, e que ela nunca pideo nada
Que tal vez o único que recibeo foron malas razóns, e ela comendo bágoas
de dor sigueo dando todo, e moito mais, por eses seres que ela mesma trouxo
o mundo, e que daria a sua vida por velos, sans e felices.
A esa nai tan especial que e a gran maioría, e que tan poucas veces se lle ten
en conta todo o que fai, si non todo o contrario, trátase con esixencia sen
grazas a cambio .

Para todas esas mulleres sin distinción de razas nin relixions, e quedando
moi pequeniño o relato, os meos parabéns, e o agasallo mais importante que e
o cariño o recoñecemento e o respeto, que cada dia da sua vida sexa mais doada
Moitas honrras e moitos bicos a todas

No hay comentarios: