miércoles, 29 de julio de 2009

OS MERLOS E A XENTE

Un dia de neboeiro
un paxaro oín cantar
e cantábache tan bén
que me puxen a escoitar

O paxaro era un merlo
deses que son todos mouros
faciao con tanta gracia
que deron a cantar outros

Todo cheo de asubios
estaba o neboeiro
era un dia deses feos
pero estaba parrandeiro

Parolaban uns con outros
cambeaban o asubio
mais eles non se chufaban
non facian ningún lio

Se a xente foramos merlos
canto mellor non sería
non fariamolas guerras
todo seria alegría

Eles por fora son mouros
pero por dentro son brancos
e anque o dia sexa feo
agarímano cos cantos

Mais nós que somos persoas
moito temos que daprender
faguer que os dias sexan craros
e que deixe de chover

A choiva do ceo e boa
pero non así a da terra
acónon hai mais que foula
pois todo isto eche a merda

As prantas canlles as follas
e os toxos xa ban queimados
xa estaremos todos podres
do aire que respiramos

Por moito que se parola
xa non fai caso ninguén
mais os que teñen a culpa
anse de foder tamén

Se escoitamolos paxaros
na sua conversación
decatamos deseguida
o noso pouco corazón

Eles enténdense sin fala
nós falamos a boullón
mais as nosas paroladas
poucas teñen a razón

No hay comentarios: