sábado, 27 de febrero de 2010

Ameaza

Hoxe 27 de febreiro, estamos en ameaza de temporal,( ainda non sabemos o seo nome,) pero según os informativos a alerta e roxa, esperemos polo noso ben que se enganen
Se isto é coma o pintan quedaremos sin comunicación, agardando que a cousa non pase dunha alarma e que teñamos sorte, de momento son as 3 pm e non se ven trazas, anque sole ser traicioeiro e de súpeto témolo bufa que te bufa, e nós por toda acasa na procura de velas e chisqueiros escoitando cando arrola unha lousa, ou ben algo a unha fiastra, ou si se arrinca a fumeira, etc,etc, nuha palabra,( acojonados)
Desexo a todos bó dia e que mañán poidamos comunicarnos con boas novas

1 comentario:

vic dijo...

Xa che ten nome, seica lle din Xynthia e tamén che ten nome científico que é moito máis rimbombante, a min gústame moito máis: cicloxénese explosiva e outros por aí ata lles deu por dicirlle "A tormenta perfecta", por nomes que non quede, agora esperemos que todo quede niso, que as velas queden para outra e que só sexa unha esaxeración dos que mandan! A Lugo aínda non chegou, está todo en calma, eso si, chover chove coma nunca antes chovera...