sábado, 6 de noviembre de 2010

Papa

¡¡Ala xa marchou o Papa pra Barcelona!!
Ainda non vin comentarios neste medio, entón fago o meu propio. Estes dias falaron moito os medios de comunicación sobre de esta visita a Compostela, comentaron tamén os miles de millons que costou, escoitei opinions de todo tipo,( pero os mais a favor),. Teño que decir ante todo que son ignorante sobre cifras,¡¡¡pero parécenme moitos cartos!!!, e como teño moito tempo pra pensar, voto contas, non quero ofender a ninguén, creo que todo quisqui podemos opinar, e por suposto non temos que contar sempre o mesmo conto, nin facer sempre as mismas preguntas. Sempre se comentou que o Papa e o representante de Deus na terra, pero a min non me cadra o que predican co que fan, casi todo o mundo escoitaria predicar os cregos, ¡¡Eu polomenos si!! e presto atención!! e mais de nova, sabia mais catecismo que matemáticas, pero co tempo tiven que facer mais contas pra vivir , que oracións daprendín.
Entón non quero desviar o relato que quero comentar, ou suliñar, ¿ Si o noso Señor foi como din eles!! e o están representando ? non vemos que non concorda nada?,segun predican, era o máximo, e sobre de todo non tiña nada de seu daba todo polos demais; e vaia por Deus logo, tanto luxo que lle deron a todo o evento........! donde estivo o punto de solidaridade coas xentes????¿¿¿ porque se gastaron tantos cartos??? cando se di o contrario nas homilias????
Pois bén, por riba decian que era un benefício moi grande pra Galicia, pero si facemolas contas que tiven que daprender cando xa tiña huso de razón ( que por certo tardei moito en telo) eses miles de millons...... ben repartidos entre a comunidade galega, sacaban a moitos de apuros económicos que padece moita xente e que non piden moito , quizás con 1000 Euros moitos comerian unha tempada, sin estar cavilando ¿ e mañá que como? Pero velaí o engano contínuo que nos meten, parolaron deses cartos coma si fora a pensión que cobramos a gran maioria de galegos que apenas supera os cincocentos, i en moitos casos está por debaixo.¡¡¡¡¡.... Pois ala a facernos mais parvos...!!!! a nós bén nos chega non si???? total nunca nada fomos!!!!xa de cativos en vez de ensinarnos contas, cerrábannolos ollos con paridas que eles mesmos non creen; E asi estamos, xa falaremos dos beneficios que nos quedaron...................................!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
Deus non cobraba, nin lle facian tales parafarnalias, si creeran de verdade nel, non tiñan que admitir, que se envolveran eses cartos dese xeito, todo se podia facer igual, pero con humildade como eles no lo explican, e como seria en realidade ben visto si todo o que nos intentan facer creer, o creeran eles mesmos, e fosen boas persoas, tanto políticos, coma relixiosos consentidores de tal despilfarro.

Ala xa me despachei co que penso !!!!!!!!!!!!!:::::: que deus me perdoe

1 comentario:

stellamaris815 dijo...

Cuanta razon tienes, pero no hay peor ciego que el que no quere ver, por eso siempre digo que cada uno se lo monta a su manera, ya ves ahora las cifras no son lo decian y hay que pensar como se maquilla toda la parafernaria ...la gente no esta para tanto cuento yo fui dos dias antes y jamas vi a Santiago tan vacio y triste un saludo lo que escribes es como si mi pensamiento pero tu lo pones mejor.un saludo