domingo, 3 de julio de 2011

Sol e sombra- e pasando o tempo

Agora que a xente está de parranda, nas praias, de paseo por algún lugar exótico, de merenda nas festas, ou sea, de carallada,porque os dias préstanse de maravilla, eu sigo aquí sempre mirando si alguén pón algo, no blog, no Facebook, nos correos, mirando pola fiastra, para ver si o sol para de quentar moito pra sair coa fouciña e cortar herba para as pericas, ou mirar si se enxugou a leña e gardala pra quentalo fuciño no inverno. En fín vida de vella," non de bella vida" xa casi que.....me poño a pensar e escápame o tempo e non vexo a maneira de paralo, estou non mundo coreño coa miña forma de pensar, a pesares de que iso é o que fago, non fago o que quixera facer, sinto un gran valeiro, son coma unha pomba coa as ás esmoquenadas e non pode alzalo vó, non pretendo chegar moi lonxe, solo me chegaba voar a outros lugares e tomar aires distintos durante uns intres, pouco pido " e pido moito"porque nin iso merezo facer, todos chegamos a este mundo con algo destinado no camiño da vida e por mais que o queiras arredar de ti sempre te persigue.
Como decimos os de sempre " o caso é ter saude"!!!!!!!!!!!!!!!!!e seguir o pé do cañón, que hai outros xeitos de vida moitíiiiiiiiiiisimo mais ruins

3 comentarios:

Víctor dijo...

Voume aventurar e comentar. Eu sonche moito de filosofar e ter conversas de arranxar o mundo, e esta préstase moito para esto. Douche a razón en dúas cousas das que pos, "o importante é ter salú" e non hai maneira de parar o tempo. Dúas verdades universais. No que xa discrepo é no resto. Dicía ao comezo que me vou aventurar a comentar porque cada un é cada un e cada un ten a súa vida e as súas cousas e falar é moi barato, e máis así sin saber. Pero aló vou, á aventura.

Eu coñézote un pouquichiño, xa hai mil que non nos vemos, pero léote sempre, aquí e no facebook e onde poida. Sempre pensei que cando chegue á túa idade ti es unha das persoas ás que me gustaría parecerme. Vexo en ti enerxía, ganas, ideas claras, quéixaste das inxustizas, gústache e loitas pola túa terriña, activa no interné... E despois de poñerche todo esto, de todo o que pos hai unha cousa coa que discrepo moito, moito: "todos chegamos a este mundo con algo destinado no camiño da vida e por mais que o queiras arredar de ti sempre te persigue".

Non estou nada de acordo con esa frase. Todos podemos loitar polo noso futuro, hai pedras no camiño e atrancos e o que sexa, pero sempre está na nosa man ir para adiante ou para onde sexa que nos gustaría ir. Todos sentimos baleiro en algún momento. Eu sentino durante moito tempo, e o baleiro pasa. Pero hai que facer poque pase. Eu quitei o baleiro cambiando cousiñas pequenas e deixando pasar o tempo, con tranquilidade, conseguir ese ideal de vida que cada un ten é moi difícil ou imposible, pero querendo e cambiando cousiñas pequenas todo é posible.

Bueno, xa paro, que parece que che estou botando un sermón, eu! Así, sin xeito. No fondo, con toda esta palabrería o único que quería era enviarche un bico e dicirche que teño ganas de verte, de vervos. E coincidencias da vida, onte vendo fotos, dei con esta, seguro que aínda te acordas cando foi esto: foto.

Bicazo!

mconsuelopicos dijo...

Ben falado!! gustoume moito que me " filosofaras".Pero entendote porque tamén fun nova, pero logo entenderasme ti, porque terás a miña edade e terás ocasión de ter moitas mais cousas vividas, e oxalá che vaia moi ben, e así e todo as sentir algun dia que estás facendo algo que non che gusta, pero ante todo hai obrigas, que no meu caso van sendo as mismas. Moitos bicos

Anónimo dijo...

Qué che digo Cheliño!!!! que te entendo.....e que tamén entendo a Victor, pero.....a vida vese con outra prespectiva...non sí?????Tampouco pides moito...pero....Un biquiño!!!!