domingo, 23 de noviembre de 2008

DIA DE FEIRA

Dia 23 de novembro
Como se sole decir hoxe está un día porco.Po la mañan fun a feira de Moeche, habia moita xente pero non se podía andar cos paraugas abertos que tropezaban uns con outros, funlle poñer unhas pilas a 2 reloxos, e case que me facian falla a min por non preguntar canto me ian costar porque con este precio compraba outros nos Chinos, xa sei que hai que facer comercio nacional pero ¡tamen!,as veces un vese obrigado a pasar por eses comercios de pacotilla que en ocasions paga a pena ,porque dous mais dous son catro en todolos sitios , non me explico ben pero a bo entendedor poucas palabras bastan.
A xente fala da crise e ¿donde está? haber ¡aila! pero daquí a que se viva coma nos anos 40 ¡buf! non che e nada ,e non fai falla ir tanto atrás ,ata os 60 era duro ¡que pouco se sabe do mal que se viviu!,agora parece que todo o mundo xa o esquenceu .Méten-nos o medo no corpo, e todo pode pasar! pero de momento o que sobra e o vicio que e o que leva moitos cartos.Chamémoslle crise cando nos vexamos sen pán na mesa e teñamos que voltar a caba-lo monte coas mans para botar cereais e camiñar con zocas de pau , isto ocurreu e vino eu, sin embargo agora estou a escribir con isto,non quixera voltar aquel tempo ,prefiero telo que escribir para que todo o mundo saiba
que isto faltalle moito para parecerse a aquel tempo ".Preguemos para que iso non ocurra"

2 comentarios:

Ana dijo...

Estamos aquí reunidas Isabel, Loly e eu (Ana). Estamos encantadas co teu Blog.
Nos gustan moito as entradas que fas pero, ata o de agora, non puidemos facer comentarios coherentemente, non sabemos aínda a causa.

Prometemos seguir disfrutando do teu Blog e intentando incluir comentarios.

Moitos bicos dende o Centro de Dinamización!

Anónimo dijo...

Xa lin a túa entrada hai moito tempo, pero sonche un vago en non me paro a comentar, e hoxe, de paso que lin o que escribiu Ana da neve viñen dar tamén unha voltiña a ver que había por aquí e dixen, voulle a deixar aquí un biquiño a Consuelo...

E tamén voulle a dar a razón no que comenta, porque "queixámonos de vicio", tes moita razón, que si, que en crise estar estamos, e que é complicado chegar a fin de mes para algúns tamén é certo, pero queixarnos por non poder ir ao cine, ou non poder ir de tiendas é de vicio. Iso sí, un tironciño de orellas a todos os mangantes que nos fixeron chegar a tal crise tampouco está de máis...

O dito, que un bicaso e que sigas a escribir así de ben...