miércoles, 14 de enero de 2009

Só hai 50 anos




Na beiriña dun regato
sentada na carballeira
escoitaba o paso da auga
sempre da mesma maneira.

O soar da campaiña
que lebaba o castrón
facía notas coa auga
e saía unha canción.

Metidos entre a follase
os raios do sol radiante
as rochas cheas de musgo
e as ras saltando diante.

Os paxaríños piaban
voando nas avelás
e as vacas comían herba
un anaco mais para trás.

Os abellóns roncadores
chupando todas as flores
e as pinguiñas da auga
brilaban de cen mil cores.

Alí pretiño de nós
as ramas dos mirillóns
estaban cheas de froitos
para moitas ocasións.

Este regato está ahí
todo cheo de maleza
a auga xa non murmulla
vaise chea de tristeza.

Xa non olla aquela nena
que tanto xogou con ela
xamáis voltará a vaquiña
que se chamaba marela.

A rapariga da historia
quixo voltar para atrás
e rebobinou a vida
un anaquiño namais.

No hay comentarios: