martes, 3 de febrero de 2009

O NOME DO VENTO

Fai uns dias comentei sobre o acontecido co vento:
Perdoen vostedes eu ignoraba o seo nome, agora si que oio como lle chaman pero na quel intre non lembro oir nome ningún ,enton pensei que quedara sin batizar pero xa vexo que quizais primeiro pasou e despois mediron a forza e logo cunha variña máxica cimbraronlle o nome para intentar cazalo,(tarde piache) klaus, que non sei si e Santa Klaus, ou klasus klay como queira que sexa os estragos naide puido evitalos e son ben abondosos,de santo tiña pouco e de boxeador tiña moito pero non tivo contrincante fixolle a todo CAO. E moi posible que este fenómeno nos visite mais veces pero quixera que protección civil alarmara dun xeito mais severo, e tomar conciencia de que non se trata dunha "coña"puido ser algo mui grave, atrapando moita xente nas ruas. Deberian de prohibir rigurosamente sair de zonas ben protexidas ,velar con moito interese pola seguridade das persoas, como fan nalgun país que isto pasa a miudo

No hay comentarios: