sábado, 28 de febrero de 2009

internet

  • Fixo estes dias un ano, comencei unha aventura , quixen saber algo que nunca imaxinei que me ia enguedellar tanto (era nin mais nin menos) que este medio de comunicación.
  • O primeiro dia pensei ¡¡hai Deus isto non e pra mín !! -¡¡vaia rollo!! pero o ánimo non decaeu e pouquiño apouco fun furulando, con un só dedo , e letriña a letriña, e moito interese algo saliu. Pero seguia a pemsar -¡¡estou tola pra que "coño"fago isto !!
  • Hai un refrán que dí que ( fai mais o que quere que o que pode) e ben certo ! a azotea no-a teño mui brilante, pero a curiosidade está o día ,entón cruzo toda-las dificultades que ten cumplir mais de SESENTA para facer unha reciclaxe da memoria, non me gusta nadiña facerme maior, non me gustá a rutina de todos face-lo mesmo, deixarse levar cos anos ¡non ! iso non !.Non camiñarei erguida, non ollarei ven, terei moitas outras cousiñas , pero mentras a mente me deixe un anaquiño de luz ,voume negar, a ser "vella".
  • Convido a moita xente coma min que non sigan unha rutina, paga a pena intentar cousas novas pra non caer nun sistema herdado que levamos os galegos, que é recuar de todo o innovador
  • Agora estou aquí a contar esta experencia, grazas a miña vontade, e tamen grazas os meos fillos, Ana que me animou a participar nos obradoiros, e Alexandre que despois quixo que mercara o ordenador, e outro agradecemento especial , para o rapáz que tivo a grandiosa pacencia de ensinarme e de aguantarme, que foi Victor Gonzalez
  • Por todo iso e porque de verdade para mín é unha paixon, meterme aquí a fozar nas cousiñas que daprendín , quero faguer omenaxe a este ano que levo enguedellada e polo tanto, entretida e comunicada, tamen como non o Concello de San Sadurniño grazas por fague-los medios de ter a aula de Dinamización

2 comentarios:

Anavic dijo...

Que bonito!!! e que ben me parece que sexas así!! pero como tí ben dis os galegos recuamos ante as innovacións e así nos foi onte. Porque ¿cantas veces intentamos que fora mais xente? buff! e non había maneira, que pouca estima teñen. ¡¡canto medo temos !!

Anónimo dijo...

É unha auténtica honra que o meu nome apareza neste relato, pero penso que tamén é o de menos... A verdade é que hai moitas cousas que salientar no que contas (as túas ganas, a superación dos problemas, todo o que xa sabes, etc...) pero eu sen dúbida quédome con esa rebeldía de ir contra o sistema e aprender, argallar e experimentar. Esas ganas que tes, de verdade que eu cando teña os teus anos quero ser coma ti, sen dúbida.

Noraboa por todo o que xa sabes, e sobre todo, por todo o que che queda por atopar na rede!!

Bicos!!

PD: e falando de política, pode -só pode- que algún día a lóxica chegue a este noso pobo galego...