domingo, 19 de abril de 2009

A MIÑA PARROQUIA

  • Que triste te estás quedando
  • miña parroquia querida
  • os mozos fuxen de tí
  • os vellos perden a vida
  • As casas quedanse soias
  • e choran de soedade
  • non hai como ollalas
  • para entender a verdade
  • Por elas sube a maleza
  • o vento levou as lousas
  • chove dentro do sobrado
  • así se acaban as cousas
  • ¿Onde van aquelas xentes?
  • que asubiaban nos montes?
  • ¿onde van aquelas mozas?
  • que ian coa auga das fontes?
  • Cantos lugares morreron soios
  • e agora o sitio ninguen coñece
  • alí hai sombras da sua tristura
  • alí hai toxos no canto dun berce
  • ¡Que soedade se está sentindo!
  • na pouca xente que está vivindo
  • sinto dor fondo de verte así
  • sinto que moito foise de tí
  • Non hai tabernas, nin zapateiros
  • nin costureiras,nin os zoqueiros
  • Non hai as mallas, non hai o souto
  • nin hai aquelas festas tampouco
  • Hai tantos anos que mudou todo
  • que tan desfeita ,verte non podo
  • Igrexafeita levas por nome
  • e teño medo que este che quiten
  • as alimañas que andan preto
  • igual un dia otro che visten
  • Os que se foron renegan de ti
  • soio de mortos voltan pa aquí......

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que bonitas palabras para a túa terra!!

Agora enseguida todos nos acomodamos nas modernas cidades e non miramos o que fomos, onde nacimos nin de onde vimos... xa só nos importa ter teles grandes no salón... :(

Bicos!!