viernes, 4 de diciembre de 2009

A NOITE

Un poema a noite
eu quero facer
e lembralo sempre
ó anoitecer

De noite temores
de noite amores
a noite e moura
e xa non ten cores

¿Mais que hai de noite?
¿que non axa de dia?
só algunhas curuxas
fan algarabia

Tamen oes os grilos
nas noites do verán
que saen do burato
e camiñan polo chan

As ras e os sapos
cúcanlle a lua
e os cas e os gatos
tamén van de trua

Se sales de noite
polos carreiriños
atopaste neles
a moitos bechiños

Noite crara
noite prácida
que amosas no ceo
mostrando a tua gracia

Levas un mantelo
bordado de estrelas
cunha lua chea
¡que ledicia o velas!

As noites galegas
que fermosas son
cando vas de festa
e oes o acordeón

Férveche o sangue
nunha noite crara
cando vas pra troula
e oes a foliada

Si se pon chovendo
a noite e mais fea
e todo e mais mouro
se vives na aldea

¡¡¡¡Todo iso non importa
ten unha grandeza
vivir noite e dia
na naturaleza!!!!

¡UNHA APERTA!

2 comentarios:

Anavic dijo...

era hora!!
xa pensei que olvidaras a contrasinal, jajaja.
Eu sei que tes moitas mais poesias, así que non tardes tanto en poñelas!.

Anónimo dijo...

Qué gusto que volveses...... e qué bonita poesía!!!!non pode ser que tardes tanto en compartir todo o bó que tes con todos nós!!!! graciñas e moitos bicos.