sábado, 6 de agosto de 2011

Un dia porco de agosto

Que pouco traballadora está a xente !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. Non hai maneira de ver cousas novas no blog, doulle cen-mil voltas cada dia, e case que ningúen pon nada, xa se ve que está de moda outro xeito de comunicarse, pero eu non vexo que teña mais contido, ler historietas aquí da para mais, sempre vexo o que sale anque en ocasions non comento nada, pero sempre me gusta.
Hoxe foi a feira rural en San Sadurniño, tiña pensamento de ir, pero o dia portouse moi mal e non animaba nada a sair da casa, menos mal que tiven a Birtukan para que non me deixara aburrir, así e todo entroume o sono, ela notoumo, e díxome ¿ e logo porque non durmiche de noite?¿ e como lle explicas a unha catixa de 5 anos as cousas polo miudo? anque ela entende moito, hai moitas cousas que non as entende ninguén , sempre aparecen cousas que che quitan o sono, outras fante moi feliz, ¡¡¡ pero iso dura tan pouco !!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tes razón !!!! Xa naíde escribe...e si non sabes decirlle a Birtu poqué tés sono....cómo lle digo o méu que é unha peli en 3D!!!! Isto estase a complicar...jejeje...Biquiño.