sábado, 7 de marzo de 2009

LUAR

Onte tiven o pracer de ir a ó programa da tvg que dirixe Xosé Ramón Gaioso. A verdade e que me gustou moito, eu xa fora outros programas da tvg pero non me gustaron coma este, a mín como me gusta moito oir contos, non me aburrin nadiña, e mais, habia moita animación , non deixaron que a xente se durmira.
Tiñanme contado que era mais fermoso dende a casa, pero a miña opinion non e a mesma, gustoume ver en directo a Jorge Mira , a Carlos Baute que está ¡¡¡¡boiiiisimo!!! a Marta Sanchez a os contadores dos contos, en fin a todos pero como son fán incondicional de Mucha e Nucha, quedaria toda a noite a escoitalos e a velos. Pois quizás non entenda de cultura pero sei o que representan para nos, os galegos de pura cepa, poñen tanto interese nas suas (parodias) que vivo a sua combersa intensamente, e fanme escagallar coa risa, non sei quen lles escribe os guions pero sobralle imaxinación, e non soio o que teñen ensaiado pois sóber da marcha improvisan moitas cousas e salen igual de graciosos, penso que o que non lle gusten ten o sentido do humor caducado.
Todo foi bén pero teño que suliñar unha cousiña, de pouca importancia co motibo da organización da viaxe, o que fai os tramites deberia saber que os menores de idade non poden ir a eses acontecementos, e mais que o coche non e propiedade dos primeiros que se lles deixa subir, despois xa pensan que son os donos daquela cadeira, pa toda a vida

1 comentario:

Ana dijo...

Que hai Chelo?!
Teño que dicir que eu tamén fun a Luar e quedei abraiada. Gaioso é un animador en potencia, todo un encanto coa xente, non para de falar, que positivismo, que campechanísimo!!
Alí vin a Bisbal, Pimpinela, os Tonechos e a Pantoja entre outros(Paquirrín andaba por alí tamén pero non cantou).
É moi divertido, eu recomendo que vaia todo o que poida.
Besiños Chelo!!