viernes, 10 de abril de 2009

Amor--silencio--e maldade

Vou comentar algo que me fixo poñe-la carne de galiña:

Fai uns dias, por casualidade visitei unha casa que por circunstancias da vida quedou desavitada un tempo, gardando no seu interior toda-las pertenzas dos seus finados donos.
Eu non coñecía aquela xente, pero revolveume o corpo ver que seres desalmados,fixeran unha desfeita co que alí atoparon, (roubaron)moreas de cousas pero mais que nada, destragaron ,pois algo do que se apropiaron non lles servia de nada, iso penso ¿de que lles ia valer algunha porta de lacenas de deseño orixinal?, ou ben ¿as dun roupeiro tamen de deseño? etc .etc.etc.

Todo isto fora creación dun dos donos que era un maniñas, e diseñaba e creaba co seo propio inxenio, tallando a madeira, e facendo o seu gusto o que alí habia , pero o que mais me doeu foi ver moreas de libros espallados po-lo chan. Lembrei aquel ser adicado a o traballo e a cultura en corpo e alma, e ultraxado inutilmente por alguén "mui ignorante", pois o mais enrequizador do ser humán, tirárano vilmente.

Cheguei a esta conclusión despois de ver que nun cuarto tiña , miles de diarios ben ordenados e clasificados por anos, isto deume a entender que era culto e ordenado. Sentinme mal soi de darme conta da falta de respeto tan grande que existe, para co noso próximo,e con cousas tan importantes como son os libros.

Quizais todo o que roubaron non lles quitou de seguir facendo a mesma fechoria, mais se leran algún da queles centos de exemplares que alí deixaron, ian aprender a ser xente de bén, e decatariánse de que estragando cousas non se chega a ningures.

Esta casa está o carón dun rio e o seu murmullo e un remanso de paz.

No hay comentarios: