domingo, 9 de mayo de 2010

Dia das nais en Cuba

Hoxe recibín felicitacions con motivo do dia da nai que se celebra en Cuba.
Pero non deixei de estar triste, por ser un dia moi triste para min,( anque xa fai moitos anos) sempre lembro con tristeza este dia, por ser o aniversario do falecemento da miña nai. Pero anque pasen moitos mais esa dor sempre me acompaña, e o lembrarme hoxe con postales moi bonitas, púxoseme un nó na gorxa, por asocialo dia de hoxe co de hai 19 anos, por ser un dos mais tristes da miña vida.
Por iso dedico eu no seo recordo este pequeno relato,desexando que ningunha nai do mundo, lle toque a triste situación que a ela lle tocou vivir, e logo os seos últimos anos tamén viveu sin vivir, coa maldita enfermidade do Alzeimer,
Tamén teño que lembrar que era unha muller moi alegre, a pesar do seu mal traxecto que lle tocou vivir moitas veces, ainda cantaba as suas rejeifas, e gustáballe bailar, e animar o dia das festas , con risas e contos.
Felicidades a todalas nais e que nunca , nunca, teñan que sufrir sobre de todo porque os seus fillos non finen primeiro que elas, porque creo que o peor que nos pode ocurrir, decirlles adeus a seres tan especiales, que lles demola vida e quixéramos velos quedar con ela

1 comentario:

stellamaris815 dijo...

Cuanta verdad en tus palabras no debe de existir sentimiento peor que lo antinatural de sobrevivir a un hijo .pero si miramos a nuestro alrededor siempre hay un caso y en estos tiempos mas , la vida es asi y nuestra madre es la mitad del corazón, sino quien nos dio lo mas valioso que tenemos la vida, y la otra mitada ya sabes te mando un saludo y un abrazo. y apesar de todo nos gusta este dia aunque los recuerdos nos duelan mas