domingo, 23 de mayo de 2010

Volvoreta

Hoxe é un fia moi fermoso de sol radiante, domingo 23 de maio, coma sempre pra min moi aburrido, porque os dias de festivos non vexo a ninguén todo o mundo sae a divertirse un pouco ou bén, sae da monotonia, pero eu estou castigada dende toda a vida, estes dias son pra min coma un animaliño mais que nunca notan que hai un dia que se chama así. Pero estou agardando a noite que veña a volvoreta, Ela sabe dende hai moitos meses, cando ten que vir, xusto sabe que estou soa aquí enredando neste trevello, é aparece de súpeto na vidreira batanando as ás, sempre é a mesma e iso que din que eses animaliños duran pouco sin facerse crisálida, Pois ela decide acompañarme hasta o intre que decido retirarme,E que estou un pouco chocha e ela sábeo porque cando a vexo falo con ela,( en voz vaixiña) claro) se non difinitivamente necesito un loquero, pero parece unha coña, cando facia frio pensaba que viña quentarse, e gora que fai calor, sigue sendo leal a cita, pois grazas a ela cada noite sinto que alguén se acorda de min, anque solo sexa unha (avlaiña) como lle chamamos nesta terra.
Penso que isto e moi sinxelo coma pra poñer no blog , pero si vos aburre lelo, pensade unha cousiña,¡ Ainda hai que estar zumbado pra escribir esta parvada!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Zumbada tí????? zumbado será quén no sepa comprenderte....esa "avalaiña" pode que sexa o cariño de tantos que te queremos.....non o dubides!!!!Bicos.

Víctor dijo...

Aínda que o contas con esa tristura de fondo que historia máis bonita e ben contada. Mañá cando a aveliña volva a despedirse de ti na noite, mentres andes no trebello, dille en voz baixiña que mande a unha parente súa a despedirse de min, que tamén lle falarei baixiño.

E vou confesar que non sabía ben o que era unha avelaiña e aló me fun a Google a buscalo, por como o contabas intuíao pero non o tiña claro, penso que desde hoxe cada vez que vexa unha avelaiña ou similar rondando unha luz calquera heille falar baixiño no teu recordo.

Un bico e sigue contándonos cousas destas sinxelas e aburridas que son as que máis gustan. Aperta!

mconsuelopicos dijo...

¡¡Uau!!
Como me fixéstedes sentir bén, xe sei que me apreciades moito, graciñas por facerme un anaco de vida mais ledo.
Cando volva a AVELAIÑA (que hoxe ainda non chegou) eille de decir que voe ata vós e que tamén queredes parolar con ela.
moi quedo...., moi quedo....pero con mouta tenrura
Unha aperta