martes, 25 de mayo de 2010

Fuxeo a avelaiña

Xusto o dia que puxen no blog que a volvoreta me facia compañia, a moi c.....a non voltou, eu agardando que chegara, e nada, quizás leo o blog, e dixo ¡¡¡agora por chivata voute joder!!!.Pero entón estou a pensar si tal vez agora, xa a paparia un morcego que tamén lle fai as veiras a vidreira.
Pero non pasa nada, sempre teño algo que ver ou escoitar, cada noite oio unhas cantinelas noxentas que fai o "golpe"que poñen os pelos de punta de tan feo que soan, asi que non se preocupe ninguén que xa case que canto coma el, ata o moi descarado ponse preto do can a enrizar nel, e" acriquiña " o seo carón ata que teño que sair afuscada tirarlle o primeiro que atopo a mao pra que fuxa, ¡¡será "zoroño!! .
Xa sei quen se está escagallando da risa, o ler semellantes termos.
Penso seguir buscando no meo diccionario particular palabras que pasaron a desuso, que nin sequera as recolleo a real academia da lingua

5 comentarios:

Anavic dijo...

Pois falando de palabras eu pensaba que a xente sabería o que é enfoxar, e moitos non o saben! e que nunca enfoxaron cousas nun armario ou nun caixón??

mconsuelopicos dijo...

Jajajaja, e tamén nunha bolsa, iso o mais seguro!!!!

Anónimo dijo...

Qué mágoa!!!! xa era como da casa.....pero como todo ,non hai mal que por ben non veña....e así seguimos aprendendo diccionario.....e ten coidado con ese raposo....igual sabe que tes galiñas!!!!! Bicos.

Víctor dijo...

Oh! :( Aínda non volveu a avelaíña? Se leu o blog cando se foi, agora que debería volver a ler esto xa debería estar de volta...

E falando de palabras raras, a verdade é que zoroño a min moito non me soa, pero por onde a puxeches algo do seu significado intúese... Agora si, enfoxar nunca antes tal cousa oira, vaia palabras que tedes aí por SanSa... Eu agora, cando meta algo en bolsas, caixóns ou similares hei dicir enfoxar e cando me pregunten o que significa xa sabedes a quen lle hei botar a culpa... ;)

E que máis palabras ten ese diccionario teu que non coñecemos?

Un bicazo para as dúas! E para o Anónimo tamén que creo que sei quen é... ;)

Anónimo dijo...

Seguro que sabes Victor.....e cando expliques os teus alumnos cómo gardar nas carpetas, dilles que enfoxen...jajajaja.....con Chelo aprendemos moito....ou nunca lle oiches que lle gusta moito "acriquiñar" neste aparello?Biquiños.